Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2025
Hoxe comeza no Hotel Alanda Marbella o Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2025 coa participación de 7 xogadores galegos, onde Breixo Xesús Alvarez Dominguez (Xadrez Laroca) e Lidia Karen Zapata Campos (Xadrez Benchoshey) son os representantes.
Toda a informacion neste enlace.
Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria
Lembramos que según os estatutos da FEGAXA e de acordo cá Lei do Deporte de Galicia, convócase reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria desta federación deportiva para o próximo día 13 de Decembro de 2025, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (Pontevedra).
Máis información, neste enlace.
Campionato de España de Xadrez Rápido por Parellas Mixtas 2025
A Federación Española de Xadrez a través da súa circular 32-2025 convoca o Campionato de España de Xadrez Rápido por Parellas Mixtas 2025.
Toda a información neste enlace.
Campionato de España de Xadrez Lóstrego por Parellas Mixtas 2025
O pasado 5 de Decembro de 2025 en Benidorm (Alicante) tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España de Xadrez Lóstrego por Parellas Mixtas 2025, a parella composta por Jaime Santos Latasa e Marta García Martín foron os campións de España de Xadrez Lóstrego por Parellas Mixtas 2025.
Dos xogadores galegos, a parella mellor clasificada foi a composta por Mihail Marín e Mariia Iugina, ambos do Círculo Chantadino, acadando o 11º posto.
Toda a información no seguinte enlace de Info64.
Afiliación Tempada 2026
Actualízase o listaxe de equipos inscritos na Liga “Xunta de Galicia” por equipos de Club 2026 debido a unha baixa na Segunda División. Toda a información neste enlace.
LEMBRAMOS que o 15 de Decembro de 2025 (incluido) remata o prazo de realización/modificación das ordes de forza dos equipos inscritos para a Tempada 2026:
| PRAZOS LÍMITES DE XESTIÓN POR INTERNET (XEFEGA) | |
| MODIFICACIÓN ORDES DE FORZA : | 15 – Decembro – 2025 (incluído) |
| INGRESOS DA LIQUIDACIÓN : | 01 ao 23 de Xaneiro de 2026 (a.i.) |
Toda a documentación para a afiliación para a Tempada 2026.
- Guía do Delegado sobre o manexo do programa Xefega.
- Circular FEGAXA 06/2025: Afiliación Tempada 2026.
- Circular FEGAXA 07/2025 – Rectificada: Instruccións cumprimentación documentación de afiliación.
- Boletín de afiliación 2026 – Rectificado (formato doc ou formato pdf).
- Licenzas en branco 2026 (formato xlsx ou formato pdf).
- Calendario Deportivo 2026 (aprobado pola AXO o 14/06/2025).
Clausura e entrega de premios do XVIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2025
O Sábado, 29 de Novembro de 2025 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa tivo lugar a Clausura e entrega de Premios do XVIII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2025 .
Os podios foron os seguintes:
Categoría Sub-08:
Campión: Martín Lema Fernández (E.X. Pontevedra)
Campioa: Sabela Cores Lois (Xadrez Fontecarmoa)
Subcampión: Nuno Moro Cernadas (Cidu)
3º clasificado: Liam Puceiro Bouzas (Xadrez Fontecarmoa)
Categoría Sub-10:
Campión: Hugo Boquete Rego (E.X. Compostela)
Subcampión: Yago Brea Patiño (Xadrez Mos)
3º clasificado: Mateo Rey Barciela (Lucena)
Categoría Sub-12:
Campión: Javier Lema Fernández (E.X. Pontevedra)
Campioa: Alicia Castillo Cores (E.X. Pontevedra)
Subcampión: David Álvarez González (Lucena)
3º clasificado: Martín Moreira Novo (E.X. Pontevedra)
Categoría Sub-14:
Campión: Mateo Pérez Freijanes (Lucena)
Campioa: Laura Carollo Poisa (C.X. Oroso)
Subcampión: Iván Martínez Abalde (Lucena)
3º clasificado: Andrés Cacabelos Vázquez (E.X. Pontevedra)
¡Parabéns a tod@s!
Clasificación Final XVIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2025














