Descrición
O plugin UpdraftPlus Backup & Migration goza da confianza da comunidade WordPress para facer copias de seguridade, restaurar e migrar as súas webs WordPress. UpdraftPlus está instalado e activo en máis de 3 millóns de webs de todo o mundo.
Copia de seguridade con UpdraftPlus
UpdraftPlus é o plugin de copia de seguridade programada e migración mellor posicionado e máis popular do mundo. Fai copias de seguridade na localización de almacenamento que prefiras e restaura en só tres clics.
Copia de seguridade en Dropbox, Google Drive, Amazon S3 (ou compatible), Rackspace Cloud, FTP, DreamObjects, Openstack Swift ou correo electrónico.
A versión de pago tamén che permite facer copias de seguridade en Microsoft OneDrive, Microsoft Azure, Google Cloud, Backblaze B2, SFTP, SCP, pCloud, WebDAV ou UpdraftVault, a nosa opción de almacenamento integrado para UpdraftPlus.
Fai copias de seguridade manualmente ou prográmaas para executarse cada 2, 4, 8 ou 12 horas, diariamente, semanalmente, mensualmente ou cada quincena.
Restaura con UpdraftPlus
A túa web WordPress é vulnerable. O teu sitio pode ser pirateado. Algo podería saír mal cunha actualización ou o teu servidor podería caer. Pode que precises reverter un cambio ou un erro causado por un fallo humano.
Sexa cal sexa o motivo, podes restaurar a túa web WordPress con só uns cantos clics con UpdraftPlus. Elixe que compoñentes restaurar (p. ex. plugins, temas, base de datos, etc.), fai clic de novo para restaurar e outra vez para volver á pantalla principal.
Migra con UpdraftPlus
É fácil migrar a túa web WordPress a outro aloxamento, servidor ou dominio con esta versión gratuíta de UpdraftPlus.
Para migrar, simplemente descarga a túa base de datos, plugins, temas, etc. do sitio de orixe e despois súbeos ao sitio de destino.
Ao migrar, un motor integrado de busca e substitución identifica as cadeas antigas e substitúeas para reflectir a nova localización. UpdraftPlus aforra tempo e reduce o risco de ligazóns rotas ou arquivos que faltan asociados ás migracións manuais.
Por que UpdraftPlus?
Escribir un plugin de copia de seguridade e migración fiable que «simplemente funcione» de forma consistente en millóns de instalacións de WordPress diferentes é difícil. Conta con UpdraftPlus para facer exactamente iso. Somos de confianza e estamos activos en máis webs de todo o mundo que calquera outro plugin de copia de seguridade e migración de WordPress.
UpdraftPlus:
- Fai copias de seguridade, migra e restaura
- Ofrece un gran número de localizacións de almacenamento remoto
- Permíteche programar copias de seguridade, para que poidas «configurar e esquecer»
- É completo e fácil de usar
- Está probado en máis de 3 millóns de sitios.
UpdraftPlus Premium
A versión gratuíta de UpdraftPlus fará copias de seguridade e migrará a túa web perfectamente. Porén, se precisas máis características e opcións, podes comprar a nosa versión Premium.
Fai copias de seguridade e migra con UpdraftPlus Premium, e:
-
Obtén copias de seguridade automáticas antes das actualizacións. Restaura a última versión se unha actualización de WordPress ou dun plugin estraga o teu sitio.
-
Copia de seguridade incremental. Os cambios engádense ao mestre, o que aforra recursos do servidor fronte a facer repetidamente a copia completa.
-
Obtén máis opcións de almacenamento remoto, incluídas Microsoft OneDrive, SFTP, Microsoft Azure, WebDAV, Google Cloud, SCP, Backblaze e pCloud.
-
Obtén 1 GB de almacenamento integrado con UpdraftVault para unha fiabilidade, redundancia e escalabilidade do 99,999 por cento.
-
Obtén máis control sobre cantas copias de seguridade se almacenan nun intervalo especificado.
Restaura desde outros plugins de copia de seguridade, incluídos BackWPup, BackupWordPress, Simple Backups e máis. -
Executa copias de seguridade en horas establecidas, p. ex. durante períodos de pouco tráfico.
-
Fai copia de seguridade en máis dunha localización para unha protección adicional.
-
Obtén informes detallados. Inclúe sumas de verificación criptográficas para que poidas comprobar a integridade dos arquivos de copia de seguridade e máis.
-
Obtén a migración Premium. Migrar ao sitio de destino é máis directo e pode facerse desde o sitio de orixe.
-
Obtén compatibilidade con Multisitio / multirrede.
-
Fai copia de seguridade de arquivos e bases de datos que non son de WP, p. ex. táboas da túa tenda online ou personalizacións do núcleo de WordPress.
-
Obtén cifrado da base de datos.
-
Xestiona as túas copias de seguridade e migracións desde WP-CLI.
-
Obtén soporte Premium.
Descubre máis na nosa páxina de comparación. UpdraftPlus Premium está dispoñible para a compra aquí.
Xestionas varias webs?
UpdraftCentral é un potente panel de control remoto para WordPress que che permite xestionar as túas copias de seguridade, ademais de actualizacións, usuarios, páxinas, entradas, plugins e temas desde un só lugar. Elixe entre:
- UpdraftCentral (gratuíto, autoaloxado)
- UpdraftCentral Premium (de pago, autoaloxado)
- UpdraftCentral Cloud (de pago, totalmente aloxado)
Optimiza os teus sitios de forma centralizada combinando a potencia de WP-Optimize e UpdraftCentral, ou xestiona as túas copias de seguridade de forma centralizada combinando a potencia de UpdraftPlus con UpdraftCentral.
Necesitas crear un clon temporal do teu sitio?
UpdraftClone fai rápido e sinxelo crear un sandbox temporal para os cambios que queiras probar. Simplemente selecciona as versións de WordPress e PHP que queiras, e nós facemos o resto. Máis sobre UpdraftClone
A suite completa de plugins de Team Updraft e amigos
-
UpdraftPlus.
Copia de seguridade, migración e restauración. Puntuado con 5* no directorio de plugins e de confianza para máis de 3 millóns de propietarios de webs WordPress -
WP-Optimize.
Limpa a base de datos, comprime imaxes e usa a caché. Optimiza a túa web WordPress. 5* de puntuación dos usuarios. Máis de 1 millón de instalacións activas. -
All-In-One Security (AIOS).
Protexe a túa web WordPress. Completo, rico en características e fácil de usar. 5* de puntuación dos usuarios e máis de 1 millón de instalacións activas. -
WP Overnight.
Extensións de calidade para a túa tenda WooCommerce. Facturación con 5* de puntuación, xestión de pedidos e produtos, solucións de xestión de clientes e máis. -
Easy Updates Manager.
Toma o control das actualizacións. Moitas características gratuítas e unha versión Premium con aínda máis: máis de 300.000 usuarios. -
Internal Link Juicer. Mellora o teu SEO. Automatiza as ligazóns internas da túa web WordPress. Aforra tempo e posiciónate mellor nos buscadores.
Para outros plugins gratuítos útiles, consulta o perfil do noso desenvolvedor principal, aquí.
Eres políglota? Podes traducir?
Queres axudar a que as persoas que falan o teu idioma fagan copias de seguridade, migren e restauren as súas webs WordPress?
O plugin de copia de seguridade, migración e restauración UpdraftPlus está listo e agardando. O proceso de tradución é sinxelo e baseado na web – vai aquí para ver as instrucións: https://updraftplus.com/translate/.
Ou, se xa es un experto tradutor de WordPress, simplemente colle o arquivo .pot do directorio wp-content/plugins/updraftplus/languages/ – se exploras manualmente as cadeas traducibles, precisas obter estas funcións: _x(), __(), _e(), _ex(), log_e().
Moitas grazas aos nosos tradutores actuais.
Licenza
Copyright 2011-26 David Anderson
This program is free software; you can redistribute it and/or modify
it under the terms of the GNU General Public License as published by
the Free Software Foundation; either version 3 of the License, or
(at your option) any later version.
This program is distributed in the hope that it will be useful,
but WITHOUT ANY WARRANTY; without even the implied warranty of
MERCHANTABILITY or FITNESS FOR A PARTICULAR PURPOSE. See the
GNU General Public License for more details.
You should have received a copy of the GNU General Public License
along with this program; if not, write to the Free Software
Foundation, Inc., 51 Franklin St, Fifth Floor, Boston, MA 02110-1301 USA
As traducións a outros idiomas distintos do inglés lévanas a cabo voluntarios, e wordpress.org non lles dá aos desenvolvedores de plugins control sobre as súas traducións; polo tanto, depender delas é baixo o teu propio risco; UpdraftPlus non pode garantir que as traducións do inglés orixinal sexan precisas.
Recoñecemos e agradecemos a quen se menciona en https://updraftplus.com/acknowledgements/ polo código e/ou bibliotecas usados e/ou modificados segundo os termos das súas licenzas de código aberto.
Capturas

Escritorio principal: as capturas de pantalla son de UpdraftPlus Premium, así que poden facer referencia a algunhas características que non forman parte da versión gratuíta

Configurando as túas copias de seguridade

Facer unha copia de seguridade

Elixe que compoñentes restaurar
Preguntas frecuentes
Como instalo o plugin de copia de seguridade & migración UpdraftPlus?
Aquí tes as pautas de instalación do noso canle de YouTube ou de a nosa web.
Que pasa se teño un problema / preciso soporte?
Se tes dificultades para facer copias de seguridade, migrar ou restaurar, hai axuda dispoñible.
Busca nos temas existentes do foro de soporte de WordPress ou publica un novo. Os nosos equipos de soporte e desenvolvemento revisan e responden as consultas todos os días.
Os clientes de UpdraftPlus Premium poden abrir un tícket directamente cos nosos equipos de soporte e desenvolvemento a través do centro de soporte de UpdraftPlus.
Antes de poñerte en contacto, asegúrate de ter lido as nosas preguntas frecuentes e de ter actualizado á última versión do noso plugin.
Axuda moito se podes incluír o rexistro da copia de seguridade e canta máis información sexa posible no teu informe, por exemplo a versión de PHP, a túa web, a descrición do erro, como chegaches á páxina que o causou, calquera outro plugin relevante que teñas instalado e calquera outra información que poida ser útil.
Para atopar o rexistro da copia de seguridade: hai ligazóns para descargar os rexistros na páxina de axustes de UpdraftPlus do plugin, ou pode que o recibas por correo electrónico. Se non, accede por FTP ao directorio wp-content/updraft e búscao aí.
Se sabes como, envía os teus rexistros de erros de PHP: só as poucas liñas que aparecen ao executar unha copia de seguridade, a miúdo no arquivo chamado error_log, posiblemente no teu directorio wp-admin, que podes revisar por FTP. Se es programador e podes depurar e enviar un parche, aínda mellor.
Migrar co plugin gratuíto implica descargar as copias de seguridade do sitio de orixe e despois subilas ao sitio de destino.
Para atopar o rexistro da copia de seguridade: hai ligazóns para descargar os rexistros na páxina de axustes de UpdraftPlus, ou pode que o recibas por correo electrónico. Se non, accede por FTP ao directorio wp-content/updraft e búscao aí.
Tanto o plugin gratuíto coma o Premium inclúen un motor integrado de busca e substitución para substituír as cadeas antigas pola nova localización.
Se só precisas migrar, e para migracións sinxelas dun único sitio, o plugin gratuíto probablemente bastará para cubrir as túas necesidades. Se tes necesidades adicionais relacionadas coas copias de seguridade, p. ex. a capacidade de facer copias de seguridade antes das actualizacións, se precisas máis localizacións de almacenamento remoto ou se tes un multisitio de WordPress, recomendámosche UpdraftPlus Premium polos beneficios adicionais que ofrece.
UpdraftPlus esgota o tempo cando tenta facer a copia de seguridade, despois de deixalo un tempo para darlle unha boa oportunidade. Que podo facer?
Este problema probablemente se debe a que o teu provedor de aloxamento (barato) lle limita os recursos á túa conta. Isto está lonxe de ser o ideal; aínda que UpdraftPlus é compatible con retomar as copias de seguridade desde o principio para evitar que todo teña que facerse dunha vez, ten os seus límites. O mellor é elixir un aloxamento máis recoñecido. Se non, proba a ir a «Axustes expertos» e reducir o tamaño no que se dividen os arquivos zip. Sábese que UpdraftPlus fai correctamente copias de seguridade de webs de varios gigabytes en servidores web sen limitación de recursos.
Comentarios
Colaboradores e desenvolvedores
“UpdraftPlus: WP Backup & Migration Plugin” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.
Colaboradores“UpdraftPlus: WP Backup & Migration Plugin” foi traducido a 39 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.
Traduce “UpdraftPlus: WP Backup & Migration Plugin” ao teu idioma.
Interesado no desenvolvemento?
Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.
Rexistro de cambios
O blog de copias de seguridade de UpdraftPlus é o mellor lugar para coñecer con máis detalle calquera cambio importante.
N.B. As versións de pago de UpdraftPlus Backup / Restore teñen un número de versión cun 1 máis no primeiro díxito e cun compoñente extra ao final, pero o rexistro de cambios de abaixo aplícase igualmente. É dicir, os cambios listados para a 1.16.32.x da versión gratuíta corresponden aos cambios feitos na 2.16.32.x da versión de pago.
1.26.13 – 19/Oct/2026
- FIX: Properly apply the revocation in 1.26.12
1.26.12 – 19/Oct/2026
- SECURITY: Revokes UpdraftCentral Cloud keys created before the incident described at https://teamupdraft.com/blog/security-incident-october-2026/ .
1.26.11 – 16/out/2026
- SECURITY: A corrección da 1.26.9 non xestionaba correctamente NO_BACKSLASH_ESCAPES (un modo raro de servidor SQL que WordPress deixa de admitir a partir de WordPress 7.2 e que causa varios problemas se se establece). Aínda que é case seguro que a túa web non o usa, o mellor é actualizar igualmente.
- CORRECCIÓN: Cando se rexeitaba unha liña case sobredimensionada (por riba do tamaño máximo de paquete) cunha construción específica (improbable), podía descartarse silenciosamente na 1.26.10
- AXUSTE: Refactorización de set_sql_mode() para permitir indicar o éxito do intento
- AXUSTE: Se un arquivo de copia de seguridade non é válido con contido final que non se pode executar, rexístrase
1.26.10 – 15/out/2026
- SECURITY: Grazas a Jakub Herman por informar dunha segunda instancia relacionada do problema corrixido na 1.26.9. Nesta instancia relacionada, o problema só podía levar á execución se o sitio se restaurara nun servidor de base de datos con configuración diferente á do servidor no que se fixo a copia de seguridade. Aínda así, todos os usuarios deben actualizar.
1.26.9 – 14/out/2026
- SECURITY: Nun sitio no que un atacante que non é administrador pode inserir unha cela de base de datos de máis de 1 MB co contido que el escolla, se o propietario do sitio fai unha copia de seguridade e restaura o sitio, ao restaurar pode executarse SQL arbitrario do atacante. Grazas a Wordfence pola divulgación responsable.
- AXUSTE: Elimínase a compatibilidade coa xeración de claves RSA de menos de 2048 bits
- AXUSTE: Se está establecido, desestablece o modo de compatibilidade SQL NO_BACKSLASH_ESCAPE
1.26.8 – 17/set/2026
- SECURITY: Nun sitio que foi migrado (é dicir, movido a un novo enderezo usando a característica de migración de UpdraftPlus), que usa un arquivo .htaccess, no que o .htaccess non se actualizou coa nova referencia do sitio, onde o propietario non responde ao aviso para facelo, onde o sitio ten usuarios non administradores que poden acceder ao escritorio de WP, e onde o sitio gardou credenciais de acceso ao almacenamento nos axustes de UpdraftPlus, un usuario así conectado podía acceder a algunhas desas credenciais (p. ex. podía acceder a FTP, pero non a Dropbox). Grazas a Jakub Herman por notificarnos este problema (a través de WPScan).
- CARACTERÍSTICA: Implementouse un asistente de benvida para axudar aos usuarios novos coa configuración do plugin (require WordPress 6.2+ e PHP 7.4+).
- CORRECCIÓN: Erro causado polo wrapper de FTP ao referenciar a constante STDIN ao configurar a opción cURL CURLOPT_INFILE. Como STDIN só está definida baixo a SAPI CLI de PHP, isto causaba fallos en contornos PHP-FPM.
- CORRECCIÓN: Fallos de copia de seguridade en WebDAV causados por un escape de expresión regular obsoleto desde a versión 10.45 de PCRE2.
- AXUSTE: A funcionalidade «Tour» eliminouse da interface e desactivouse. O seu código subxacente permanece temporalmente e eliminarase por completo nunha versión futura.
- AXUSTE: Elimínanse as traducións incluídas que agora están completas e se descargan automaticamente desde wordpress.org
- AXUSTE: Engadiuse un aviso de administrador para informar aos usuarios da próxima retirada das contas herdadas de Azure Blob Storage.
- AXUSTE: Advírtese aos sitios que executan PHP anterior á 5.6.1 de que as características que dependen de phpseclib (Dropbox, SFTP/SCP, cifrado da base de datos, UpdraftCentral, Migrator) requirirán unha versión de PHP máis nova en futuras versións; o aviso do escritorio tamén se volve mostrar aos usuarios que descartaron a versión anterior deste aviso.
- AXUSTE: Actualízanse todas as etiquetas de texto para usar teamupdraft.com en lugar de updraftplus.com.
- AXUSTE: Corrixiuse o erro «Bad filename format» ao subir arquivos de copia de seguridade pequenos desde o escritorio de UpdraftPlus en versións antigas de WordPress.
- AXUSTE: Aclárase a ventá emerxente de proba dos axustes de WebDAV cando o servidor non admite subidas por fragmentos.
- AXUSTE: Abordáronse varios problemas identificados durante a validación de Plugin Check (PCP) e melloráronse a compatibilidade xeral e a calidade do código do plugin.
1.26.7 – 21/ago/2026
- SECURITY: A restauración agora require proporcionar un nonce, e non só a marca de tempo en segundos da época dunha copia de seguridade. Isto evita unha ameaza interna na que un administrador anterior que fora eliminado do sitio puidese tentar persuadir a un administrador actual conectado de seguir unha ligazón para restaurar unha copia de seguridade da que tiña coñecemento previo. Grazas a Jashid Sany por informar deste problema (a través de WPScan).
- AXUSTE: En UpdraftPlus Premium, para as copias de seguridade mensuais programadas, cámbiase o comportamento para facela o día elixido de cada mes (coincide mellor coa expectativa do usuario).
- AXUSTE: UpdraftClone xa non é compatible cos clons lanzados con PHP 5.4 ou 5.5.
1.26.6 – 23/xul/2026
- CARACTERÍSTICA: Ao desactivar o plugin, aparecerá unha ventá emerxente con opcións de eliminación de datos, que permite aos usuarios optar por eliminar os datos gardados.
- CORRECCIÓN: O filtro de medios «Sen anexar» lista imaxes anexadas cando non existen elementos sen anexar
- AXUSTE: Engadiuse Burst Statistics aos avisos de administrador da familia TeamUpdraft.
- AXUSTE: Créase unha mellor experiencia de usuario para os usuarios gratuítos arredor das localizacións de almacenamento remoto premium
- AXUSTE: Prefírese http_get_last_response_headers() (PHP 8.4+) para evitar as advertencias de obsolescencia de PHP 8.5 para $http_response_header.
- AXUSTE: Substitúense as chamadas á función nativa de PHP «unserialize()» nas bibliotecas de Google Drive e HTTP_Request2.
1.26.5 – 05/xuñ/2026
- SECURITY: As versións anteriores tiñan un defecto que permitía realizar operacións non autorizadas en sitios cunha clave Migrator activa (só versións de pago) ou unha clave UpdraftCentral (versións gratuítas e de pago). Todos os usuarios deben actualizar inmediatamente.
- AXUSTE: Engadiuse un tempo límite HTTP explícito de 60 segundos ás solicitudes de subida de fragmentos a pCloud para evitar o erro 28 de cURL en conexións lentas do servidor
- AXUSTE: Protéxense as chamadas a curl_close(), finfo_close() e xml_parser_free() cunha comprobación da versión de PHP para evitar advertencias de obsolescencia en PHP 8.5+
- AXUSTE: Actualizada a versión incluída de common-libs
- AXUSTE: Substitúense todos os usos de wpdb::esc_like() por UpdraftPlus_Database_Utility::esc_like() en todo o código para manter a coherencia.
- AXUSTE: Engádese a guía de tour «copia de seguridade automática antes de actualizar»
1.26.4 – 07/mai/2026
- CORRECCIÓN: Na versión 1.26.2, unha regresión impedía gardar a programación das copias de seguridade, incluído o nome ou número do día, así como as regras de exclusión de entidades da copia de seguridade.
- AXUSTE: Alértase aos usuarios que introducen por erro URLs en lugar dun hostname real para o almacenamento remoto SFTP e FTP.
- AXUSTE: Actualizáronse os endpoints de DreamObjects eliminando o obsoleto objects-us-west-1, marcando objects-us-east-1.dream.io como non dispoñible (12 de novembro de 2025) e engadindo avisos de administrador para informar os usuarios deste cambio.
- AXUSTE: get_structured_data() agora acepta parámetros para evitar tempos de espera esgotados.
1.26.3 – 23/abr/2026
- CARACTERÍSTICA: Implementouse unha extracción en streaming mellorada para arquivos grandes durante a restauración, para xestionar os casos nos que o tamaño do arquivo supera o límite de memoria de PHP.
- CORRECCIÓN: Corrección: o estado baleiro do filtro de perfil de usuarios mostra o erro xenérico «Failed to Fetch Data».
- CORRECCIÓN: Corrixíronse os fallos de copia de seguridade en táboas con columnas invisibles e grandes volumes de datos.
- CORRECCIÓN: Non se podían desmarcar todas as categorías dunha entrada no escritorio de UDC
- AXUSTE: Engadiuse un novo comando interno para obter a información de instalación de determinados plugins.
- AXUSTE: Asegúrase de que o aviso de copia de seguridade automática sexa sempre unha cadea para evitar a obsolescencia en PHP 8.1+ en wp_kses()
- AXUSTE: Corríxense os erros de JS que ocorren ao eliminar as últimas claves de UDC xeradas.
- AXUSTE: Implementáronse axustes para os problemas de desaliñamento da interface causados pola renovación do deseño visual de WordPress 7 en todo o escritorio de administración. A interface do plugin agora aliñase correctamente cos estándares de deseño actualizados.
- AXUSTE: Evítanse páxinas de axustes rotas noutros plugins en multisitio cando UpdraftPlus está activo debido a URLs de menú modificadas.
- AXUSTE: Actualízanse todas as ligazóns do cartafol addons para usar teamupdraft.com en lugar de updraftplus.com.
- AXUSTE: Substituíuse esc_html_e() por esc_html__() onde a concatenación de cadeas descartaba silenciosamente o separador de dous puntos na mensaxe de fallo de conexión SFTP e no aviso de advertencia de JavaScript en noscript
- AXUSTE: Cambiouse á API/función nativa de phpseclib para o descifrado do token de Dropbox, substituíndo mcrypt_decrypt, obsoleta desde PHP 7.1 e eliminada en PHP 7.2.
- AXUSTE: Elimínase o aviso de PHP «Undefined offset» que ocorría ao restaurar unha copia de seguridade dun sitio único nun multisitio. Ocorría durante a operación de busca e substitución pola ausencia das táboas users e usermeta.
- AXUSTE: Mellórase a función de descompresión de arquivos para xestionar máis inclusións/exclusións de cartafoles
- AXUSTE: Actualízanse todas as ligazóns do cartafol methods para usar teamupdraft.com en lugar de updraftplus.com.
- AXUSTE: Engádense os campos de estado e data da entrada á resposta da API get_posts para UDC
1.26.2 – 03/mar/2026
- AXUSTE: Engadiuse compatibilidade con PHP 8.5 a UpdraftClone
- AXUSTE: Corríxense as advertencias de obsolescencia en PHP 8.4 para a integración de Dropbox
- AXUSTE: Faise adaptable a icona de advertencia de abortar a copia de seguridade cun tamaño baseado en porcentaxes
- AXUSTE: Evítase que as advertencias de PHP suprimidas se mostren no rexistro de copia de seguridade e restauración en PHP 8.0+
- AXUSTE: Nun sitio no que o propietario restrinxiu os (super)administradores (para que non poidan restaurar copias de seguridade), requírese establecer primeiro unha constante para usar a ferramenta de depuración HTTP con enderezos IP internos.
- AXUSTE: Actualízanse todas as ligazóns do cartafol settings para usar teamupdraft.com en lugar de updraftplus.com.
- AXUSTE: Ao eliminar conxuntos de copias de seguridade creados mediante unha migración directa de sitio a sitio, a caixa de verificación «Eliminar tamén do almacenamento remoto» é innecesaria.
1.26.1 – 19/xan/2026
- CORRECCIÓN: As subidas por fragmentos a Google Drive non se retomaban desde onde se deixaran, senón desde o principio, o que provocaba arquivos duplicados
- AXUSTE: Engádese un comando WP-CLI para rexistrar unha clave de produto (premium)
- AXUSTE: Engádese unha ligazón de rexistro do produto na versión premium
- AXUSTE: Corríxese o erro de JS na ventá emerxente de conexión de UpdraftCentral Cloud.
- AXUSTE: Corríxese un erro gramatical no aviso de administrador de pouco espazo en disco.
- AXUSTE: Actualízanse ligazóns para unha mellor experiencia de usuario
- AXUSTE: Actualízanse as ligazóns premium da páxina de axustes
- AXUSTE: Actualízanse todas as ligazóns dos cartafoles includes/notices/central para usar teamupdraft.com en lugar de updraftplus.com.
- AXUSTE: Actualízase a versión da etiqueta common-libs
1.25.9 – 12/nov/2025
- CORRECCIÓN: Unha regresión que facía que non se mostrase a lista de táboas nas ferramentas de «Tamaño da base de datos», debida á refactorización do código implementada na versión 1.25.8.
- AXUSTE: Engádese unha función para devolver os datos do menú de Ferramentas avanzadas nun formato estruturado.
- AXUSTE: Resólvese a regresión da 1.25.2 que facía que o aviso de administrador «Not yet connected to licence» enlazase con teamupdraft.com en lugar da pestana UpdraftPlus Premium/Extensions.
- AXUSTE: Refactorización da función de datos das claves de conexión para eliminar duplicados e ler dunha única fonte
- AXUSTE: Restaurouse a icona que faltaba na ventá emerxente de confirmación da copia de seguridade para versións antigas de WordPress.
- AXUSTE: Elimináronse HTML non desexado do aviso en texto plano e engadíronse saltos de liña despois de cada frase na mensaxe da oferta.
- AXUSTE: Actualízase a URL/ligazón da oferta de tempada de Black Friday
- AXUSTE: Actualizáronse as ligazóns de «Check our premium» e «Back up non-WP tables and external databases» para evitar erros HTTP 404 (non atopado).
- AXUSTE: Actualízase a detección do conxunto de caracteres da base de datos para admitir tanto a sintaxe CHARSET= como CHARACTER SET nos volcados SQL
- AXUSTE: Substituíuse a conversión (boolean) obsoleta
1.25.8 – 07/out/2025
- CORRECCIÓN: Un erro fatal en UpdraftCentral ao tentar xestionar entradas cando non existen entradas.
- CORRECCIÓN: Durante un fallo no proceso de copia de arquivos ao restaurar, creábase un directorio co mesmo nome que o arquivo e o proceso de restauración continuaba cando debería detense
- CORRECCIÓN: Erro fatal de PHP nos comandos WP CLI para listar ou explorar as copias de seguridade existentes en PHP 8.0+ tras unha nova exploración
- AXUSTE: Engádese compatibilidade con UpdraftCentral na función import_settings con valores de retorno
- AXUSTE: Engádese compatibilidade con novas rexións de Amazon AWS S3
- AXUSTE: Engadiuse Burst Statistics á lista de plugins da familia
- AXUSTE: Axústase a lóxica da copia de seguridade para recoñecer columnas invisibles e, cando ocorre, usar unha consulta que especifica explicitamente as columnas necesarias en lugar de depender de «SELECT *».
- AXUSTE: Asegúrase de que o proceso de restauración remate cun erro cando falla a copia/movemento de arquivos
- AXUSTE: Mellórase o informe da copia de seguridade por correo electrónico para reflectir mellor os tipos e o estado das copias.
- AXUSTE: Novo endpoint para obter os datos de axustes bloqueados para UpdraftCentral
- AXUSTE: Realízase unha busca e substitución en __PHP_Incomplete_Class para que funcione con unserialize() cando non se permite a deserialización de obxectos.
- AXUSTE: Refactorización da sección de información do sitio para eliminar duplicados e ler dunha única fonte
- AXUSTE: Resolveuse unha advertencia de PHP provocada ao subir o plugin desde a páxina de plugins de WP, causada por chamar demasiado pronto a funcións de tradución (p. ex. __()).
- AXUSTE: Algún texto quedara fóra do arquivo POT de tradución, o que facía que certos plugins e bibliotecas de tradución non puidesen atopalo, e imposibilitaba a súa tradución.
- AXUSTE: Actualízase a función db_size para permitir devolver datos ou html, segundo o argumento que se pase.
1.25.7 – 07/ago/2025
- CORRECCIÓN: Unha regresión na comprobación da presenza de cartafoles antigos no directorio de copias de seguridade; os cartafoles antigos creados durante a restauración da entidade «Others» non se detectaban correctamente.
- CORRECCIÓN: As entradas de bloqueo por copia de seguridade non se eliminaban, o que provocaba a acumulación destas entradas na base de datos co tempo. (Inclúe a limpeza das entradas antigas).
- AXUSTE: Engádense IDrive e2 e MEGA á lista de almacenamento compatible con S3
- AXUSTE: Chamada de función interna para evitar un aviso de obsolescencia de PHP 8.1 en instalacións novas de WP
- AXUSTE: Engádese wp-staging á lista de exclusión de subidas por defecto
- AXUSTE: Engádese un manejador de UpdraftCentral para a solicitude de subida da icona do sitio.
- AXUSTE: Engadiuse compatibilidade coa dashicon de vista de base de datos en versións de WordPress anteriores á 5.5.
- AXUSTE: Inclúese a información da icona do sitio na resposta «get_site_icon» do módulo core de UpdraftCentral.
- AXUSTE: Resólvese o problema da lista baleira nos informes de copia de seguridade por correo electrónico creados pola versión gratuíta de UpdraftPlus
- AXUSTE: O cadro «Get every feature of UpdraftPlus Premium» non debe mostrarse despois de reclamar/activar as compras
- AXUSTE: Eliminar os avisos de ofertas de tempada (ano novo, verán, primavera e colección de plugins)
- AXUSTE: Xestiónase o conxunto de caracteres non compatible definido para os campos de táboa durante a prerrestauración da base de datos.
- AXUSTE: Actualizáronse as ligazóns da pestana Premium Extensions da páxina do menú de administración do plugin.
1.25.6 – 27/mai/2025
- CORRECCIÓN: Unha regresión que impedía actualizar a etiqueta do almacenamento remoto
- CORRECCIÓN: Unha regresión que podía causar un comportamento non desexado ao restaurar arquivos especiais
- CORRECCIÓN: Un erro fatal ao executar un script de copia de seguridade php independente con «do_action(‘updraft_backup_all’)».
- CORRECCIÓN: Regresión que facía que certas características (p. ex. PHP Info) deixasen de funcionar por faltar un atributo HTML no elemento que as activa
- CORRECCIÓN: Un problema que causaba fallos de migración en sitios que usaban o plugin Performance Lab ou outros plugins que implementan un drop-in de caché de obxectos
- AXUSTE: Xestiónase o fallo non fatal ao renomear arquivos durante a restauración
- AXUSTE: A característica de copia de seguridade automática agora está desactivada por defecto en instalacións novas
- AXUSTE: A API de entradas de UDC devolve o estado da entrada e a data formatada
- AXUSTE: Substitúese unha chamada a unserialize() na biblioteca de almacenamento de Dropbox
- AXUSTE: Valídase o endpoint de DreamObjects para garantir que só pasen os formatos de endpoint de DreamObjects esperados.
- AXUSTE: Sitúase a opción «includes all tables not listed below» ao comezo da primeira táboa coñecida no widget de restauración da base de datos.
- AXUSTE: Engádese un novo endpoint por defecto en DreamObjects xunto cunha interface para permitir aos usuarios engadir un endpoint personalizado co formato «s3..dream.io».
- AXUSTE: O complemento Azure Storage Service agora require PHP 5.6 ou superior para admitir o uso obrigatorio de TLS 1.2, que se aplicará a partir do 31 de agosto de 2025.
1.25.5 – 17/abr/2025
- CORRECCIÓN: Un fallo que impedía abrir o diálogo «Create new API user and container» de Rackspace.
- AXUSTE: Unha cabeceira HTTP destinada a pechar a conexión do navegador tiña asignado incorrectamente un valor que a cabeceira non admite.
- AXUSTE: Capacidade de elixir automaticamente a páxina de finalización da compra axeitada cando o usuario vai comprar produtos de TeamUpdraft desde o plugin
- AXUSTE: Baleirar a caché de CSS do tema Divi ao final do proceso de restauración
- AXUSTE: Resólvese a advertencia de PHP no complemento pCloud ao actualizar da versión gratuíta á premium.
- AXUSTE: Actualízanse as mensaxes de erro cando o usuario non consegue conectarse á súa conta de TeamUpdraft na pestana «Premium/Extensions».
1.25.4 – 24/mar/2025
- CORRECCIÓN: Regresión na 1.25.3: faltaba o campo de entrada do cifrado da base de datos pola función «wp_kses_post», que non permite renderizar a etiqueta «»
- AXUSTE: Engádense novos campos ao manejador de UpdraftCentral
1.25.3 – 21/mar/2025
- CORRECCIÓN: Un problema que impedía enviar unha copia de seguridade de UpdraftClone ao tentar iniciar un UpdraftClone desde WP_CLI
- CORRECCIÓN: Un problema que impedía cambiar a rexión por defecto de UpdraftClone ao tentar iniciar un UpdraftClone desde WP_CLI
- AXUSTE: A cabeceira de solicitude «x-amz-content-sha256» agora está asinada e incluída na versión 4 da sinatura de S3. Algúns provedores baseados en S3 esixen asinar esta cabeceira para un cálculo de sinatura preciso.
- AXUSTE: Introdúcese unha nova constante chamada «UPDRAFTPLUS_S3_EXCLUDE_SIGV4_CONTENT_SHA256_HEADER». Esta constante permite excluír da sinatura as cabeceiras «x-amz-content-sha256» se se desexa; acepta un valor booleano, por defecto false.
- AXUSTE: Engádense as características de ventá «noopener, noreferrer» á chamada window.open() de Javascript para evitar que a páxina de destino cambie o contido da páxina orixinal
- AXUSTE: Característica de obtención de favicon para UpdraftCentral
- AXUSTE: Pequeno axuste no módulo «updates» para incluír iconas dos plugins e a URL da captura de pantalla nos elementos de actualización de temas
- AXUSTE: Novo módulo de UpdraftCentral para a obtención en segundo plano
- AXUSTE: Revísase a redacción dos axustes expertos sobre a eliminación dos arquivos de copia de seguridade locais
- AXUSTE: Actualizar os avisos de tempada
- AXUSTE: Mellóranse os avisos para indicar a presentación doutros plugins da mesma familia de plugins
- AXUSTE: Para evitar problemas de CORS e garantir que o plugin UpdraftPlus sexa funcional e accesible desde o escritorio de UpdraftCentral, o hostname e/ou a orixe do dominio cámbiase de updraftplus.com a teamupdraft.com.
- COMPATIBILITY: Resolvéronse as advertencias de obsolescencia de PHP en lockadmin.php eliminando o uso de propiedades dinámicas
1.25.2 – 26/feb/2025
- CARACTERÍSTICA: Engadiuse unha pestana «Cron events» na sección de Ferramentas avanzadas para comprobar a presenza da tarefa cron de UpdraftPlus.
- CORRECCIÓN: Resólvese o problema dos fallos de subida a pCloud tras un cambio de nome de cartafol restablecendo o «folderid» cada vez que se actualiza o nome do cartafol.
- AXUSTE: Engádese información do sitio para a compatibilidade con WooCommerce e HPOS á cabeceira da copia de seguridade da base de datos.
- AXUSTE: Créase unha entrada de rexistro cando aparece unha páxina de verificación de bots durante a subida de arquivos no procedemento de migración.
- AXUSTE: Mellórase a claridade da mensaxe de erro das probas de conexión fallidas na migración.
- AXUSTE: Inclúense no arquivo de rexistro da copia de seguridade detalles sobre o estado e a dispoñibilidade do proxy configurado no sistema.
- AXUSTE: Actualízase a biblioteca de Google para admitir as constantes WP_PROXY_HOST e WP_PROXY_PORT.
- AXUSTE: Actualízase a ligazón para a creación de aplicacións de Onedrive e Azure
- COMPATIBILITY: Eliminadas as mensaxes de obsolescencia de PHP 8.4 causadas polo uso da constante E_STRICT
1.25.1 – 11/xan/2025
- SECURITY: Corríxese unha vulnerabilidade XSS reflectida non persistente debida á falta dun nonce combinada coa falta de sanitización. Isto podía permitir a un atacante que te persuadise de facer clic nunha ligazón feita a medida ao escritorio do teu sitio mentres estabas conectado, executar código JavaScript no teu escritorio. Grazas a Asaf Mozes por atopar e divulgar este problema de xeito responsable.
- CORRECCIÓN: Evítase que a restauración falle cando hai unha política de permisos ‘sync-xhr=()’ na cabeceira da resposta.
- CORRECCIÓN: Mellórase o xeito de obter unha rexión suxerida para Amazon AWS S3 se ocorre un fallo durante a chamada a getBucketLocation(), en particular cando a resposta XML non proporciona un campo para a rexión suxerida; isto resolve problemas con rexións (p. ex. us-east-2) que cambiaron recentemente o seu comportamento de resposta
- AXUSTE: Amplíase a compatibilidade para incorporar a rexión «ap-southeast-4» de Amazon AWS S3 e outras rexións actualizadas recentemente
- AXUSTE: Unha regresión no comprobador de actualizacións da versión de pago á 4.13.2, que provocaba que non aparecesen os avisos sobre o estado da subscrición ou a compatibilidade coa versión de WP.
1.24.12 – 23/dec/2024
- CORRECCIÓN: A fase de prerrestauración non trataba correctamente as táboas que debían excluírse, o que causaba un erro lóxico que interpretaba a opción marcada «include all tables not listed» como unha instrución para restaurar todas as táboas
- CORRECCIÓN: Actualízase a biblioteca PHPSecLib á versión 2.0.48, que inclúe as correccións para «gmp_pow(): base and exponent overflow» en certas versións de PHP, que podía facer fallar as copias de seguridade no almacenamento remoto SFTP
- AXUSTE: Complétase a revisión e eliminación das chamadas á función PHP unserialize() que permiten a instanciación de clases, iniciada na 1.24.7. (A eliminación final implicaba un defecto de seguridade teórico: se o teu sitio de desenvolvemento permitía a un atacante publicar contido que migrabas a outro sitio, e que contiña código personalizado capaz de realizar accións destrutivas que o atacante coñecía, antes de clonar o sitio. O resultado desta eliminación é que se omitirán algunhas buscas e substitucións, moi improbables na práctica).
- AXUSTE: Elimínase a característica de busca e substitución para usuarios de PHP 5.2 (para cumprir o elemento anterior)
- AXUSTE: Axuste do módulo de medios de UpdraftCentral para engadir a propiedade «has_image_editor» a cada elemento multimedia
- AXUSTE: Na pantalla de restauración nunha configuración multisitio, o despregable «which site to restore» cubría outros elementos HTML, o que facía que algúns botóns quedasen na parte inferior en lugar de na superior
- AXUSTE: Evítase desregistrar o CSS de jQuery-UI se outros plugins xa o imprimiron, para previr problemas de compatibilidade
- AXUSTE: No contexto da restauración da base de datos, debe evitarse a execución de sentenzas SQL LOCK e/ou ALTER para calquera táboa incluída na lista de «táboas omitidas»
- AXUSTE: openssl_free_key() só é necesaria en PHP < 8
- AXUSTE: Varios cambios de estilo de código para cumprir coas regras de «Plugin Check»
1.24.11 – 15/nov/2024
- AXUSTE: Non se solicita o permiso drive.readonly nas conexións a Google Drive, debido á revisión de permisos de aplicacións de Google (non anunciada e que nos esixe crear un vídeo de YouTube para o seu proceso de revisión). Isto significa que (ata que remate a revisión) as novas conexións a Google Drive só poden acceder ás copias de seguridade creadas directamente por UpdraftPlus, e non ás que subas manualmente a Google Drive. Isto restaura a posibilidade de facer novas conexións a Google Drive.
- AXUSTE: Axuste da clase UpdraftPlus_S3_Compat para manter a compatibilidade co plugin externo UpdraftPlus AWS SDK (https://github.com/DavidAnderson684/updraftplus-aws-sdk).
1.24.9 – 14/nov/2024
- CORRECCIÓN: Unha regresión na 1.24.8 ao xestionar a restauración de wp-config.php
- AXUSTE: Os cambios na xestión da carga de dominios de texto na 1.24.8 non cubrían a maioría dos casos
- AXUSTE: Introdúcese o filtro «updraftplus_use_builtin_wpcore_restoration», que pode usarse para restaurar a entidade WP-Core cun mecanismo de restauración de WP-Core diferente, especialmente se o arquivo admin-ajax.php non se puido eliminar durante a restauración
1.24.8 – 13/nov/2024
- AXUSTE: Engádense descricións para o despregable «Clone Package» ao crear un clon.
- AXUSTE: A chamada a «load_plugin_textdomain» pasa de facerse a través da acción «plugins_loaded» a facerse a través da acción «init»
- AXUSTE: Actualízase a mensaxe de rexistro para especificar que os arquivos de copia de seguridade se marcan como «processed» cando non se selecciona almacenamento remoto, e como «uploaded» cando si se selecciona.
- AXUSTE: Algunhas melloras de orde do código na clase de restauración
1.24.7 – 04/nov/2024
- AXUSTE: Inclúese a extensión de arquivo .part na lista de limpeza, o que garante que os arquivos asociados a esta extensión se eliminen regularmente do directorio de copias de seguridade
- AXUSTE: Axustáronse as funcionalidades de actualización da caixa de información de plugins de WordPress (6.5 e posteriores) para evitar que as actualizacións se fagan na mesma ventá, garantindo que o diálogo «auto-backup before update» apareza como se pretende
- AXUSTE: Engádese un método «unserialized» personalizado á clase UpdraftPlus que pode xestionar o uso do argumento «options» ou a súa ausencia ao funcionar en diferentes versións de PHP
- AXUSTE: Engádese a constante UPDRAFTPLUS_SEND_UNWRITABLE_BACKUP_DIRECTORY_EMAIL para desactivar o envío aos usuarios de correos electrónicos sobre o directorio de copias de seguridade sen permiso de escritura.
- AXUSTE: Avisos máis claros aos usuarios sobre axustes de almacenamento remoto sen configurar e/ou a selección de almacenamento remoto que non forma parte da súa versión de UpdraftPlus
- AXUSTE: Ao retomar as subidas por fragmentos de OneDrive, non se deben incluír a cabeceira de autorización nin o token bearer, xa que pode provocar un erro de non identificación debido a unha URL de subida diferente.
- AXUSTE: Impleméntase código para activar automaticamente o plugin UpdraftPlus durante o proceso de migración dunha configuración multisitio a un sitio independente
- AXUSTE: Nun contorno multisitio, asegúrase de que os usuarios poidan acceder á páxina do plugin UpdraftPlus incluso sen a constante WP_ALLOW_MULTISITE
- AXUSTE: UpdraftClone agora é compatible con PHP 8.4
- AXUSTE: Evítase un posible aviso de obsolescencia de PHP cando falla a creación do zip
1.24.6 – 25/set/2024
- AXUSTE: Na 1.24.5, o título do navegador mostrábase incorrectamente como «UpdraftPlus» ao acceder a unha páxina de plugin non relacionada desde o menú principal.
1.24.5 – 24/set/2024
- CORRECCIÓN: Expresión regular incorrecta para o endpoint de DigitalOcean Spaces
- CORRECCIÓN: Conflitos de CSS co plugin LearnDash LMS Instructor Role Add-on que facían desaparecer algúns elementos da interface
- AXUSTE: Reorganízase UpdraftPlus no menú da esquerda e renoméase como «UpdraftPlus»; para desactivalo, segue esta guía: https://updraftplus.com/new-location-of-updraftplus-in-the-wordpress-dashboard/
- AXUSTE: Engádese un wrapper span á mensaxe de fallo de conexión de UpdraftCentral
- AXUSTE: Engádese a ligazón «Go here to complete your settings» ao aviso de administrador correspondente que, ao facer clic, saltará á configuración de UpdraftVault se non hai axustes especificados.
- AXUSTE: Axústanse os padróns de expresións regulares que non coincidían con algúns arquivos temporais, o que impedía que se eliminasen automaticamente
- AXUSTE: Despois dunha restauración, facer clic en «Delete old folders» tamén eliminará o arquivo wp-config-pre-ud-restore-backup.php
- AXUSTE: Na páxina/pestana de axustes, evítase que o botón flotante «Save changes» se prema varias veces e/ou envíe varias solicitudes AJAX
- AXUSTE: Elimínase pCloud da lista de complementos da pestana «Premium / Extensions» (a súa dispoñibilidade non cambia)
- AXUSTE: Renomeouse wp-config-backup.php a wp-config-pre-ud-restore-backup.php para aclarar a súa finalidade como arquivo de copia de seguridade creado antes de restaurar as entidades do núcleo de WordPress; só se xerará se o usuario non selecciona a opción «Over-write wp-config.php» durante a restauración, xa que o nome anterior era demasiado xenérico e podía causar confusión
- AXUSTE: A ventá emerxente das actualizacións automáticas de plugins non conserva a selección da caixa de verificación da copia de seguridade cando a opción «remember» está activada nun contorno Multisitio.
- AXUSTE: Actualizouse o selector de copia de seguridade automática para resolver problemas causados pola falta da clase «update-link» no plugin WPForms Pro
1.24.4 – 2/xul/2024
- CORRECCIÓN: Problema de distinción entre maiúsculas e minúsculas nos nomes dos tipos de campo de bits nunha táboa.
- CORRECCIÓN: Resolveuse o problema polo que os arquivos de copia de seguridade non se podían eliminar do almacenamento remoto cando o directorio raíz estaba activo ou non se especificaba ningún directorio no formulario de configuración de OneDrive.
- CORRECCIÓN: Cando os usuarios tentan actualizar un plugin usando a ligazón «View Version x.x.x Details» en lugar de elixir «Update Now», o plugin actualízase correctamente; porén, a interface mostra incorrectamente a mensaxe «Update Failed»
- CORRECCIÓN: Conflito co plugin Gravity Forms cando había unha versión máis antiga de jQuery UI na páxina «Plugins instalados».
- AXUSTE: Asegúrase o cumprimento do Granular Consent de Google e compróbanse os permisos necesarios durante a autorización de acceso ao almacenamento de Google Drive e Google Cloud
- AXUSTE: Evítanse as advertencias de PHP e as mensaxes de obsolescencia tras completar a autorización de acceso ao almacenamento de Google Drive.
- AXUSTE: Evítase a advertencia de PHP cando o almacenamento remoto de Dropbox foi identificado e se actualiza a páxina.
- AXUSTE: Engadiuse o filtro updraftplus_working_dir_localpath para que os desenvolvedores poidan modificar a ruta temporal de descompresión
- AXUSTE: Modifícase o título mostrado do plugin de «WordPress Backup & Migration Plugin» a «WP Backup & Migration Plugin», como require o equipo do directorio de plugins
- AXUSTE: Analízanse certos eventos de php e rexístranse mensaxes de erro axeitadas
1.24.3 – 30/abr/2024
- CORRECCIÓN: Regresión na 1.23.16 ao mellorar os rexistros, que facía que o erro incorrect_offset informado por Dropbox non se xestionase correctamente.
- AXUSTE: O almacenamento remoto UpdraftVault pode xestionar Wasabi así como o almacenamento Amazon S3 en segundo plano.
- AXUSTE: Corríxese a advertencia de obsolescencia de WP_Theme_JSON_Resolver::theme_has_support para UpdraftCentral
- AXUSTE: Evítase «PHP Warning: Undefined property: UpdraftPlus_BackupModule_pcloud::$description» durante a nova exploración do almacenamento remoto.
- AXUSTE: Evítanse as advertencias de obsolescencia de PHP durante as copias de seguridade da base de datos ao atopar valores nulos en tipos de campo de bits.
- AXUSTE: Móstrase unha mensaxe de advertencia cando a constante WP_ACCESSIBLE_HOSTS está definida e updraftplus.com non está permitido polo seu valor
- AXUSTE: Actualización de avisos
- AXUSTE: Divídense varias frases en chamadas separadas ás funcións de tradución.
- AXUSTE: Elimínanse os espazos do endpoint de S3-Compatible (Generic).
1.24.2 – 26/mar/2024
- CORRECCIÓN: Os botóns «Continue restoration» e «Dismiss» do diálogo de restauración sen rematar non respondían ao premelos debido a unha regresión recente
- CORRECCIÓN: Conflito con outros plugins debido a unha versión diferente dunha biblioteca de terceiros (Guzzle) e a que o autoload.php de composer se chamaba demasiado pronto
- CORRECCIÓN: Constante «NET_SCP_LOCAL_FILE» sen definir cando se usaba SCP para o almacenamento remoto SFTP/SCP
- AXUSTE: Engádense campos de compatibilidade ao devolver plugins e temas a UpdraftCentral
- AXUSTE: Debido a problemas nalgunhas versións 7.x de cURL ao xestionar conexións HTTP/2, todas as conexións HTTP á API de OneDrive agora fórzanse a usar a versión HTTP/1.1, en versións de cURL posteriores á 7.61 e anteriores á 8.0. Ademais, pódese establecer unha constante chamada UPDRAFTPLUS_ONEDRIVE_CURL_HTTP_VERSION no arquivo wp-config.php para cambiar a versión HTTP por defecto a outra preferida
- AXUSTE: Axústase a marxe para corrixir a interface rota do botón «View logs» nas copias de seguridade.
- AXUSTE: Asegúrase de que todas as sentenzas «SET SQL_MODE» do arquivo de copia de seguridade da base de datos se xestionan internamente e só se aplican a unha restauración fóra do plugin UpdraftPlus
- AXUSTE: Evítanse os avisos de obsolescencia de estilo de código de PHP 8.2 no complemento autobackup
- AXUSTE: No contexto da subida por fragmentos de OneDrive, a cabeceira de autorización e o token bearer non deben incluírse durante a sesión de subida, xa que poden provocar un estado HTTP 401 debido a unha URL de subida diferente
- AXUSTE: Elimínase o valor por defecto dos filtros updraftplus_https_to_http_additional_warning e updraftplus_http_to_https_additional_warning.
- AXUSTE: Establécese SQL_MODE a ‘NO_AUTO_VALUE_ON_ZERO’ no arquivo de copia de seguridade da base de datos.
- AXUSTE: Actualización do contido do aviso de tempada para 2024
- AXUSTE: Durante as operacións que requiren phpseclib, inclúese o autoload.php de composer só cando realmente se precisa phpseclib
1.24.1 – 21/feb/2024
- CARACTERÍSTICA: Impleméntase a compatibilidade con Backblaze Object Lock (versión Premium)
- FIX: The email backup and basic report setting didn’t work causing notification email confirming backup status couldn’t be delivered to admin’s email address (free …
