Descrición
Site Kit é o plugin oficial de Google para WordPress que che mostra como a xente atopa e usa o teu sitio. Site Kit é a solución integral para implementar, xestionar e obter información das ferramentas esenciais de Google para que o sitio triunfe na web. Ofrece información fiable e actualizada de varios produtos de Google directamente no escritorio de WordPress para acceder facilmente, e todo de balde.
O mellor das ferramentas de Google en WordPress
Site Kit inclúe potentes características que fan que o uso destes produtos de Google sexa fluído e flexible:
- Estatísticas fáciles de entender directamente no teu escritorio de WordPress
- Estatísticas oficiais de varias ferramentas de Google, todas nun só escritorio
- Configuración rápida de varias ferramentas de Google sen ter que editar o código fonte do teu sitio
- Métricas para todo o teu sitio e para entradas individuais
- Permisos detallados e fáciles de xestionar en WordPress e nos diferentes produtos de Google
Ferramentas de Google compatibles
Site Kit mostra métricas clave e información de diferentes produtos de Google:
- Search Console: Comprende como a Busca de Google descobre e mostra as túas páxinas na Busca de Google. Fai un seguimento de cantas persoas viron o teu sitio nos resultados da Busca e de que consulta usaron para buscar o teu sitio.
- Analytics: Explora como navegan os usuarios polo teu sitio e fai un seguimento dos obxectivos que configuraches para que os completen os teus usuarios.
- AdSense: Fai un seguimento de canto che está a xerar o teu sitio.
- PageSpeed Insights: Mira o rendemento das túas páxinas en comparación con outros sitios reais. Mellora o rendemento con consellos prácticos de PageSpeed Insights.
- Tag Manager: Usa Site Kit para configurar Tag Manager facilmente, sen necesidade de editar código. Despois, xestiona as túas etiquetas en Tag Manager.
- Sign in with Google: Permite aos visitantes rexistrarse e iniciar sesión no teu sitio coa súa conta de Google existente.
- Reader Revenue Manager: Axúdache a aumentar, fidelizar e implicar os visitantes do teu sitio mediante subscricións, contribucións, boletíns, enquisas e mensaxes personalizadas.
- Ads: Consegue clientes e vende máis con tráfico segmentado de Google Ads.
Instalación
Nota: Asegúrate de que a túa web está publicada. Se a túa web aínda non está publicada, Site Kit non pode mostrarche ningún dato. Non obstante, se tes un contorno de probas ademais do teu sitio de produción, Site Kit pode mostrar os datos do teu sitio de produción no contorno de probas. Aprende a usar Site Kit cun contorno de probas.
Instalación desde WordPress
- Visita Plugins > Engadir novo.
- Busca Site Kit by Google.
- Instala e activa o plugin Site Kit by Google.
- Conecta Site Kit á túa conta de Google. Se hai varios administradores de WordPress, ten en conta que cada administrador debe conectar a súa propia conta de Google para acceder ao plugin.
Instalación manual
- Sube o cartafol
google-site-kitcompleto ao directorio/wp-content/plugins/. - Visita Plugins.
- Activa o plugin Site Kit by Google.
- Conecta Site Kit á túa conta de Google. Se hai varios administradores de WordPress, ten en conta que cada administrador debe conectar a súa propia conta de Google para acceder ao plugin.
Despois da activación
- Visita o novo menú Site Kit.
- Segue as instrucións do proceso de configuración.
- Vai ao escritorio principal de Site Kit, que xa mostra as métricas clave de Search Console.
- Conecta ferramentas de Google adicionais en Site Kit > Axustes. Obtén máis información sobre que ferramentas son as axeitadas para ti.
Preguntas frecuentes
Para obter máis información, visita a web oficial de Site Kit.
-
É Site Kit gratuíto?
-
O plugin Site Kit é gratuíto e de código aberto, e seguirá séndoo. Os produtos de Google incluídos en Site Kit están suxeitos ás condicións e tarifas (se as houber) habituais deses produtos.
-
Cales son os requisitos mínimos de Site Kit?
-
Para instalar e usar Site Kit correctamente, o teu sitio debe cumprir os seguintes requisitos:
- WordPress versión 5.2+
- PHP versión 7.4+
- Navegador moderno – Internet Explorer non é compatible
- É accesible publicamente – non está en modo de mantemento, nin só é accesible mediante contrasinal, nin está bloqueado doutro xeito
- A REST API está dispoñible – Site Kit debe poder comunicarse cos servizos de Google mediante a REST API. Para asegurarte de que a REST API está dispoñible no teu sitio, vai a Ferramentas > Saúde do sitio.
-
Por que o meu escritorio mostra «recompilando datos» e ningún dato dos meus servizos?
-
Despois de conectar Site Kit a un servizo de Google, poden pasar uns días ata que os datos comecen a mostrarse no teu escritorio. A mensaxe «recompilando datos» adoita aparecer cando configuraches recentemente un servizo de Google (por exemplo, acabas de crear unha nova conta de Analytics) ou o teu sitio é novo, e os datos aínda non están dispoñibles para mostrarse.
Se segues vendo esta mensaxe despois duns días, non dubides en contactar connosco no foro de soporte.
-
Por que non aparece ningún anuncio no meu sitio despois de conectar AdSense?
-
Se es novo en AdSense cando te conectas mediante Site Kit, o equipo de AdSense terá que revisar e aprobar manualmente a túa nova conta de AdSense e o teu sitio para mostrar anuncios. Os anuncios non se mostrarán ata que a túa conta e o teu sitio sexan aprobados. Consulta esta guía para obter máis información sobre o proceso de aprobación e os prazos.
Podes comprobar o estado da aprobación en Site Kit indo a Axustes > Servizos conectados > AdSense e facendo clic en Comprobar o estado do teu sitio. Esta ligazón levarache a AdSense. Se ves «Listo», a túa conta e o teu sitio foron aprobados e deberían estar mostrando anuncios. Se ves «Preparando…», a túa conta e o teu sitio aínda están en revisión e o teu sitio non mostrará anuncios ata que sexan aprobados.
Se Site Kit engadiu correctamente o fragmento de código de AdSense ao teu sitio e a túa conta e o teu sitio foron aprobados, pero o teu sitio aínda non mostra anuncios, contacta co Centro de axuda de AdSense para obter axuda.
Podes atopar máis información sobre como funciona Site Kit con AdSense na nosa guía de xestión de AdSense.
-
Cumpre Site Kit co RXPD?
-
Ao usar Site Kit, os propietarios dos sitios son responsables de xestionar os requisitos de aviso e consentimento –incluídos os requisitos do RXPD– tal e como se describe nas Condicións de servizo de Google.
Por defecto, Site Kit anonimiza os enderezos IP ao activar o módulo de Google Analytics. Podes desactivar este axuste en Site Kit > Axustes > Analytics > Anonimizar enderezos IP.
Hai varios plugins de terceiros que permiten bloquear a recollida de datos de Google Analytics, Tag Manager ou AdSense ata que un visitante do sitio dea o seu consentimento. Algúns funcionan de forma nativa con Site Kit grazas a configuracións específicas para o plugin. Podes obter máis información sobre eles visitando a nosa páxina sobre cumprimento do RXPD e privacidade.
-
Onde podo obter máis axuda?
-
Crea un novo debate no noso foro de soporte de WordPress.org. Asegúrate de seguir as directrices do foro de soporte ao publicar.
Comentarios
Colaboradores e desenvolvedores
“Site Kit by Google – Analytics, Search Console, AdSense, Speed” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.
Colaboradores“Site Kit by Google – Analytics, Search Console, AdSense, Speed” foi traducido a 32 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.
Traduce “Site Kit by Google – Analytics, Search Console, AdSense, Speed” ao teu idioma.
Interesado no desenvolvemento?
Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.
Rexistro de cambios
1.190.0
Added
- Add a “Recent activity” tab showing traffic and search performance since the day before yesterday. See #13681.
Melloras
- Add the
rrmSurveyCTAfeature flag. See #13716. - Improve handling of rate limit Google API errors. See #13630.
- Add a setting to include WooCommerce products in the “Recent activity” tab. See #13625.
- Add the benchmarking response that combines Analytics reports into daily traffic, visitor totals and ranked key factors. See #13595.
- Add GA event tracking for the Reader Revenue Manager configured CTA manage settings link. See #13575.
- Standardize custom dimension notices and creation throughout plugin. See #13552.
- Add the Ads Conversion tracking card. See #13473.
- Add Site Goals key metric tiles for “Generating leads”. See #13421.
- Update all badges to match the new design. See #13361.
- Add a dashboard callout introducing the Add features button for the feature discovery hub. See #13360.
- Enable setting up the Analytics, Ads, AdSense, Sign in with Google, and Reader Revenue Manager features on the Feature Discovery Hub. See #13338.
- Add relevancy feedback controls to the Feature Discovery Hub’s feature detail panel. See #13337.
- Build the shell for the Feature Discovery Hub’s detail panel. See #13330.
- Add the empty state for the “What’s new?” tab in the Feature Discovery Hub. See #13327.
- Update the auto-updates CTA notice, and show it on the “What’s new?” tab in the Feature Discovery Hub. See #13323.
- Improve the exported PDF filename to name the site and the reporting period. See #13216.
- Add a warning notice that replaces a Site Goals widget when none of its event provider plugins is active and the selected date range has no conversion events, with an option to remove the widget. See #12774.
- Update typography for consistency throughout the plugin. Props amarkdotdev, voidstackloop. See #11266.
- Add support for schemas in module datapoint routes. See #6759.
Fixed
- Corrixe a creación dunha CTA no fluxo de configuración exprés de Reader Revenue Manager. Consulta #13634.
- Fix UI styles for the happiness survey answers. See #13632.
- Corrixe a creación dunha publicación no proceso de configuración rápida de Reader Revenue Manager. Consulta #13620.
- Fix cut-off and overlapping axis labels on the PDF report charts. See #13218.





