Zeanuri
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2014.) |
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
| Provincia | Biscaia | ||||
| Comarca | Arratia-Nerbioi | ||||
| Capital | Zeanuri | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.234 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 67 km² | ||||
| Altitude | 203 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Izaskun Sagarna Mendia (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 48144 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 48024 | ||||
| Sitio web | zeanuri-udala.org | ||||
A elizate de Zeanuri é un concello da provincia de Biscaia, no País Vasco, que posúe unha área de 67 km² cunha poboación de 1242 habitantes (2004).
Pertence á comarca de Arratia-Nervión e limita polo nordeste con Dima, polo noroeste con Areatza, polo sur con Uribe e Zigoitia e polo oeste con Orozko.
Topónimo
[editar | editar a fonte]No nome aparece a palabra uri, que no dialecto occidental do éuscaro significa vila, pobo, cidade. Esta palabra adoita aparecer combinada con nomes propios ou nomes comúns para formar topónimos en Biscaia, Áraba e tamén na Rioxa. Así Basauri significa vila do bosque, Uribarri é vila nova ou Otxanduri, vila de Otxanda.
No caso de Zeanuri trataríase de vila de Cean; mais o primeiro termo do topónimo é descoñecido xa que non se corresponde con ningunha palabra do éuscaro nin con ningún nome propio recoñecible actualmente.
