Saltar ao contido

X-Men

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
X-Men
 Instancia de
Obra
 Primeira aparición
X-Men #1 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Presente na obra
 Universo ficticio
 Creador/a
Biografía
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

X-Men é un equipo de superheroes de banda deseñada de Marvel Comics creado polo escritor Stan Lee e o artista Jack Kirby.

Apareceu pola primeira vez en The X-Men nº 1 en setembro de 1963 que comezou a publicarse bimensualmente, no número 14 adquiriu carácter mensual, nesta primeira etapa non tivo tanto éxito como outros equipos de superheroes como Os Vingadores ou Os 4 Fantásticos e a revista deixou de publicarse en 1970 no número 66 polas súas baixas vendas, volveu nove meses despois como bimensual pero con historias vellas. En maio de 1975 Marvel revitalizou o equipo con novos personaxes a cargo do escritor Len Wein e o artista Dave Cockrum no especial Giant Size X-Men e en agosto The X-Men comezou a publicar historias novas a cargo de Chris Claremont formando equipo a partir de 1977 con John Byrne, a publicación pasou a mensual en 1978, e nos anos oitenta a serie converteuse nunha das máis populares de banda deseñada sobre todo a raíz da publicación de The Dark Phoenix Saga, e a revista apareceu quincenalmente por breves períodos de tempo e deu lugar a novas series de cómics como New Mutants, X-Factor, Excalibur, Wolverine, X-Force, Generation X ou X-Men:Legacy.

Nun clima de aumento do sentimento contrario ós mutantes, o profesor Xavier, un telépata paralítico, crea na súa mansión de Westchester un santuario para aprenderlles ós mutantes novos a usar os seus poderes en beneficio da humanidade e probar que os mutantes poden ser heroes. Xavier recruta a Ciclope, o Home de Xeo, Angel, Besta e Jean Grey denominándoos "X-Men" por posúír X-tra poder por estar en posesión do Xen-X resultado dunha mutación do ADN, un xene que os humanos normais non teñen pero que lle dá ós mutantes as súas habilidades. Entre os membros máis populares atópanse Wolverine, Storm, Colossus, Nightcrawler, Rogue, Kitty Pryde, Jubilee, Longshot, Gambit, Rachel Grey, Emma Frost, Psylocke, Havok, Dazzler, Polaris, Bishop, Forge e Banshee, entre outros.

Xa desde os primeiros números apareceu o arquinimigo dos X-Men, Magneto e a súa Brotherhood of Mutants.

De X-Men realizáronse series de televisión: A patrulla X, X-Men Evolution e Wolverine and the X-Men, filmes: X-Men, X2, X-Men: The Last Stand e X-Men Origins: Wolverine, X-Men: First Class e videoxogos.