Saltar ao contido

Terry Reid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTerry Reid

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Terrance James Reid Editar o valor en Wikidata
13 de novembro de 1949 Editar o valor en Wikidata
Huntingdon, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte4 de agosto de 2025 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Rancho Mirage, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt Ivo School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, guitarrista, cantautor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor en Wikidata - 2025 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock, hard rock e folk rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records Editar o valor en Wikidata

Sitio webterryreid.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0717448 MySpace: terryreidmusic Spotify: 12fRdeKejG8BBzybGf0ygk Apple Music: 19613299 Musicbrainz: 5c232cd8-297a-4586-9090-f7cf30466fe2 Songkick: 389950 Discogs: 288874 Allmusic: mn0000029909 Deezer: 66391 Genius: Terry-reid Editar o valor en Wikidata

Terry Reid, nado en Huntingdon, Inglaterra, o 13 de novembro de 1949 e finado o 5 de agosto de 2025, foi un cantante e guitarrista inglés. Vocalista principal da banda The Jaywalkers, que en 1966 acompañou os Rolling Stones no concerto que deron no Royal Albert Hall.

Jimmy Page convidou a Terry Reid a ser o cantante principal dun novo grupo que estaba a formar (New Yardbirds), pero Reid rexeitou a invitación porque tiña unha xira programada como abreconcertos de Cream. Os New Yardbirds foron a orixe de Led Zeppelin. Máis tarde tamén foi convidado a ser o cantante principal de Deep Purple e, de novo, debido a que tiña outros compromisos, non aceptou.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Terry Reid foi cualificado por Aretha Franklin como “un dos tres grandes” da escena inglesa xunto aos Rollings e os Beatles e eloxiado por Robert Plant como o mellor intérprete da súa xeración.[1] Aos 17 anos xa abría concertos para The Rolling Stones e, con só 18, editaba os primeiros discos baixo a produción de Mickie Most. En 1968 rexeitou a oferta de Jimmy Page para liderar o proxecto que acabaría sendo Led Zeppelin (recomendou no seu lugar a Plant e John Bonham) e pouco despois declinou substituír a Rod Evans en Deep Purple. A súa carreira persoal seguiu un rumbo propio: desde o soul-rock inicial até o folk-jazz de The River (1973) e o aclamado Seed Of Memory (1976), continuou gravando e colaborando con nomes como Jackson Browne, Bonnie Raitt ou Joe Perry.[1]

Aínda que nunca acadou o éxito comercial dos grupos aos que renunciou, Reid mantivo unha reputación de culto polos seus directos intensos e a súa versatilidade vocal. Após superar unha cirurxía cardíaca en 2022, preparaba dous novos álbums e escribía as memorias que narrarían a súa “formación” na escola de Keith Richards e Keith Moon, proxecto que Johnny Depp agardaba levar ao cine. Tiña previsto dar unha xira europea, mais problemas de saúde derivados dun tratamento contra o cancro obrigárono a cancelala; faleceu o 5 de agosto de 2025, aos 75 anos.[1]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Bang, Bang You're Terry Reid (1968)
  • Terry Reid (1969)
  • River (1973)
  • Seed of Memory (1976)
  • Rogue Wave (1979)
  • The Hand Don`t Fit The Glove (1985)
  • The Driver (1991)
  • Super Lungs The Complete Studio Recordings 1966-1969
  • Silver White Light-Live at the Isle of Wight 1970-2004
  • Alive (2004)

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Wonderland (2003)
  • The Devil's Rejects (2005)
  1. 1,0 1,1 1,2 Redacción (2025-08-05). "Terry Reid, The Singer Who Turned Down Led Zeppelin Dies At 75". Mojo (en inglés). Consultado o 2025-08-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]