Sundsvall
Aparencia
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Suecia | |||
| Condado | Condado de Västernorrland | |||
| Concello | Concello de Sundsvall | |||
| Capital de | Condado de Västernorrland (1762–1778) Sundsvall City (en) Concello de Sundsvall (1971–) Concello de Timrå (2023–) | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 70.918 (2023) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 5.328 ha | |||
| Altitude | 241 m | |||
| Creación | 1621 | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 060 | |||
| Sitio web | sundsvall.se | |||
Sundsvall (saami meridional Sjädtavallie) é unha cidade sueca capital do municipio de Sundsvall, no condado de Västernorrland. Con 58 955 habitantes no ano 2019,[1] Sundsvall é a vixésimo primeira cidade máis grande de Suecia, a terceira máis grande de Norrland (tras Umeå e Gävle) e a principal cidade de Västernorrland.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Sundsvall recibiu o seu nome na carta de privilexio de 1621 polo previo pasto aberto (vall) que se atopaba ao sur do río Selångersån, que pertencía ao pobo de Sund,[2] unha poboación con catro granxeiros ao noroeste de Åkroken onde no presente se atopa a Mittuniversitetet. Nese lugar o río estreitábase formando un estreito (sund en sueco) xusto antes de desembocar na ría de Sundsvall.
