Saltar ao contido

Soiuz TM-31

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TM-31
Parche da misión Soiuz TM-31.
TipoTripulada
Data de lanzamento31 de outubro de 2000, 7:52 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión186,91 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][6]
Regreso6 de maio de 2001[1][6]
NSSDC ID2000-070A
Masa7000,0 kg[2][5][6]

Soiuz TM-31 foi a primeira misión espacial tripulada á Estación Espacial Internacional, lanzada o 31 de outubro de 2000 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz TM-31, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Iuri Gidzenko, Sergei Krikalev e William Shepherd (a chamada Expedición Un) a bordo, foi a primeira misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A nave acoplouse co porto traseiro do módulo Zvezda. Durante a misión a tripulación activou os sistemas de Zvezda, realizou tarefas de mantemento, recibiu a visita das naves de carga Progress M1-4 e Progress M-44 e comezaron a facer algúns experimentos. Durante a súa estancia tamén se acoplou o transbordador espacial Atlantis durante a misión STS-98 para levar o módulo Destiny á estación, así como a STS-102, correspondente ao Discovery.[2][3][4][5]

A Soiuz TM-31 regresou a terra o 6 de maio de 2001.[2][3][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 31" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 31" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.
  3. 1 2 3 4 "Note verbale dated 26 February 2001 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-81552(E)). 20 de marzo de 2001: 2. Consultado o 6 de decembro de 2017.
  4. 1 2 3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-31 / ISS-2R" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.
  6. 1 2 3 4 5 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-31" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.