Orde dos Predicadores
A Orde dos Predicadores (en latín Ordo fratrum praedicatorum, O.P.) é unha orde relixiosa católica fundada por Domingos de Guzmán, despois foi canonizado como san Domingos de Guzmán. Os membros desta orde coñécense popularmente como dominicos ou dominicanos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fundada no século XIII en Languedoc,[1] foi aprobada oficialmente polo papa Honorio III coas bulas de 22 de decembro 1216 e de 21 de xaneiro 1217.[1]
A orde fundou a Escola de Salamanca de teoloxía, filosofía e economía. Alcanzou o seu maior número de membros durante a expansión do catolicismo nos territorios de América, África e Asia contidos en coroas de Portugal e España, onde o traballo de persoas como Bartolomé de las Casas é recoñecido pola súa contribución temperá para a defensa dos dereitos humanos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Domingos de Guzmán
- María con san Domingos e san Tomé de Aquino, por Fra Angelico, fresco (196 x 187 cm) executado en 1420, no Ermitage, San Petersburgo, Rusia