Nintendo DSi
| Nintendo DSi | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Características | |||||||||
|
Marca
| |||||||||
|
Unidades vendidas
28440000 (31 de marzo de 2015)
28430000 (31 de marzo de 2014) 28320000 (31 de marzo de 2013) 26780000 (31 de marzo de 2012) 26550000 (31 de decembro de 2011) 25610000 (30 de setembro de 2011) 25070000 (30 de xuño de 2011) 24490000 (31 de marzo de 2011) 23540000 (31 de decembro de 2010) 20090000 (30 de setembro de 2010) 18820000 (30 de xuño de 2010) 17820000 (31 de marzo de 2010) 16430000 (31 de decembro de 2009) 10170000 (30 de setembro de 2009) 6680000 (30 de xuño de 2009) 3020000 (31 de marzo de 2009) 1660000 (31 de decembro de 2008) | |||||||||
|
Sistema operativo
| |||||||||
|
Servizo en liña
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||

A Nintendo DSi (en xaponés: ニンテンドーDSi, Nintendō Dī Esu Ai) é unha videoconsola de peto que foi producida pola empresa xaponesa Nintendo. Constitúe a terceira variante do modelo Nintendo DS, tras esta e a Nintendo DS Lite. Como consola da oitava xeración competiu coa PlayStation Portable de Sony. Saíu ó mercado no Xapón, Oceanía, Europa e América entre 2008 e 2009.
Características
[editar | editar a fonte]Mantén os principais atributos da DS Lite con poucos cambios estéticos, é un pouco máis pequena e a principal característica da DSi é a inclusión de dúas cámaras dixitais interactivas que se poden incorporar ós xogos ou utilizar como se fose unha cámara normal. A DSi tamén inclúe conectividade con DSiWare, unha tenda en liña, memoria interna e posibilidade de almacenamento externo, así como un lector de tarxetas SD, o navegador web Opera e lector de son que soporta só o formato AAC. Os xogos da DS Lite son compatibles, pero a diferenza desta non presenta o slot-2 que permite conectar cartuchos da Game Boy Advance.
Nintendo comezouna a desenvolver en 2006, presentándoa en outubro de 2008 na Conferencia Nintendo de Tokyo. Comezou a comercializarse no Xapón o 1 de novembro de 2008.
A DSi XL
[editar | editar a fonte]
A Nintendo DSi XL (coñecida no Xapón como Nintendo DSi LL, en xaponés ニンテンドーDSi LL, Nintendō Dī Esu Ai Eru Eru) foi a cuarta revisión da videoconsola portátil Nintendo DS. Foi anunciada o 29 de outubro de 2009 e lanzada ao mercado xaponés en novembro dese mesmo ano (e uns poucos meses despois no resto do mundo). A DSi XL saíu á venda en España o 5 de marzo de 2010.[1]
A consola non estaba pensada para ser unha continuación da DSi, senón para complementala e coexistir no mercado, aínda que para diferentes públicos, ademais de seguir mantendo o liderado fronte ao sistema PlayStation Portable (PSP) de Sony.
A Nintendo DSi XL inclúe todas as funcións da Nintendo DSi: dúas cámaras de fotos, editor de imaxes e son, gravadora e reprodutor de son, a posibilidade de descargar programas directamente á consola dende a aplicación Tenda Nintendo DSi e incluíndo o navegador web Nintendo DSi Browser para navegar en Internet a través de redes inalámbricas Wi-Fi. Pero sobre todo, o que máis destaca nesta consola son as dúas pantallas claramente máis grandes ca as da DSi; son un 93% máis grandes ca as da DS Lite.[1] A produción da DSi XL foi finalizada o 30 de setembro de 2014.
Notas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |