Montevideo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2010.) |
| San Felipe y Santiago de Montevideo (es) | |||||||||||
| Localización | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| Estado | Uruguai | ||||||||||
| Departamento (pt) | Departamento de Montevideo | ||||||||||
| Capital de | |||||||||||
| Poboación | |||||||||||
| Poboación | 1.302.954 (2023) | ||||||||||
| Lingua usada | lingua castelá | ||||||||||
| Xeografía | |||||||||||
| Superficie | 730 km² | ||||||||||
| Bañado por | Río da Prata | ||||||||||
| Altitude | 41 m | ||||||||||
| Datos históricos | |||||||||||
| Fundador | Bruno Mauricio de Zabala | ||||||||||
| Creación | 24 de decembro de 1726 | ||||||||||
Evento clave
| |||||||||||
| Organización política | |||||||||||
| Membro de | Rede de cidades creativas (2015–) | ||||||||||
| Identificador descritivo | |||||||||||
| Código postal | 11000–12000 | ||||||||||
| Fuso horario | |||||||||||
| Prefixo telefónico | 2 | ||||||||||
| Outro | |||||||||||
| Irmandado con | |||||||||||
Montevideo é a capital e cidade máis grande do Uruguai. É ademais sede administrativa de Mercosur.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Montevideo é a capital máis austral de América do Sur, situada a 34º 53' de latitude sur e 56º 10' de lonxitude oeste. Localízase na zona sur do país, con costas sobre o Río da Prata, dentro do departamento homónimo. Posúe unha superficie de 530 km² (onde aproximadamente o 60% é área rural e o restante 40% área urbanizada ou potencialmente apta para urbanizar). A súa máxima elevación é o Cerro de Montevideo, con 132 metros de altura.
O famoso paseo da Rambla ten unha lonxitude de 27 km que se desenvolven de xeito paralelo á costa, facendo del un dos máis longos do mundo.[1]
Demografía
[editar | editar a fonte]Posúe unha poboación de 1.330.405 habitantes (1996) e unha densidade de 2.510,2 hab./km². Considerando a súa área metropolitana, Montevideo chega ós 1.668.335 habitantes, aproximadamente a metade da poboación total do país. O xentilicio para os seus habitantes é montevideano/a.
Historia
[editar | editar a fonte]
Entre 1680 e 1683, para desafiar a soberanía española na rexión, os colonizadores portugueses do Brasil estableceron diversos asentamentos sobre as costas do Río da Prata, fronte a Buenos Aires, como a Nova Colonia do Sacramento. Con todo, os españois non efectuaron ningún intento para desaloxar ós portugueses ata 1723, cando estes comezaron a fortificar as alturas que rodean a baía de Montevideo. Unha expedición española proveniente de Bos Aires, organizada polo gobernador español nesa cidade, Bruno Mauricio de Zabala, obrigou ós portugueses a abandonar o lugar no que os españois comezaron a poboar a nova cidade. O 20 de decembro de 1726 confeccionouse un padrón de habitantes, e finalmente o 24 de decembro trazouse un plano delineatorio da cidade e designouse como "San Felipe e Santiago de Montevideo", nome que posteriormente sería abreviado en Montevideo. No 1828, a cidade converteuse na capital do Uruguai.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]Existen polo menos dúas explicacións acerca da orixe do nome Montevideo: a primeira afirma que o nome provén da expresión en portugués "Monte vi eu", frase pronunciada por un mariño anónimo pertencente a excursión de Fernão de Magalhães ó divisar o Cerro de Montevideo.[Cómpre referencia] A segunda di que os españois anotaron a situación xeográfica nun mapa como "Monte VI De Este a Oeste".[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Montevideo, Uruguay". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-17.

Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montevideo |
