Miguel V
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1015 (Gregoriano) Paflagonia |
| Morte | 24 de agosto de 1042 Mosteiro de Estúdio |
| Emperador do Imperio Romano de Oriente | |
| 10 de decembro de 1041 – 20 de abril de 1042 ← Miguel IV – Teodora Porfiroxénita → Xunto con: Zoe Porfiroxénita | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Cristianismo ortodoxo |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Tesitura | Castrato |
| Familia | |
| Familia | Dinastia macedônica (pt) |
| Nai | Zoe Porfiroxénita Teodora Porfiroxénita |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 |
Miguel V Calafates (1015 - 24 de agosto de 1042) (en grego Μιχαήλ Καλαφάτης, que significa "o calafate"), foi o sobriño e sucesor como emperador bizantino de Miguel IV e fillo adoptivo da súa esposa Zoe. O seu sobrenome indica o oficio orixinal do seu pai.
Debeu o seu ascenso ao trono o 10 de decembro de 1041 ao seu tío Xoán, ao que case inmediatamente recluíu nun mosteiro. Na noite do 18 ao 19 de abril de 1042 tamén fixo deportar a Zoe, a súa nai adoptiva, coa que compartía o poder, converténdose no único emperador. O anuncio de tal feito na mañá do día 19 deu lugar a unha revolta popular. Foi destronado tras un curto reinado de catro meses, cegado e recluído nun mosteiro. Morreu o 24 de agosto de 1042. A súa impopularidade parece ser debida en gran parte ás súas reformas administrativas, que sufriron a forte oposición das clases dominantes, mentres que as clases baixas o consideraban un usurpador.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Miguel Psellos o Xove, Cronografía (ed. esp.: Miguel Pselo, Vidas de los emperadores de Bizancio, Madrid: Ed. Gredos, 2005).
| Imperio Bizantino | ||
|---|---|---|
Segue a: Miguel IV |
Miguel V | Precede a: Zoe |
| Dinastía Macedonia | ||