Saltar ao contido

Love, Reign o'er Me

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Love, Reign o'er Me
The Who Editar o valor en Wikidata
 Título
Love, Reign o'er Me Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Forma artística
 Xénero
 Lingua
Autoría
 Interpretado por
 Compositor/a
 Letra de
Publicación
 Data de publicación
1973 Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Precedido por
Fontes e ligazóns
Redes
Discogs: 399301 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

"Love, Reign o'er Me" é unha canción da banda inglesa de rock The Who. Escrita polo guitarrista e compositor Pete Townshend, foi editada o 23 de outubro de 1973 como segundo sinxelo do seu sexto álbum de estudio, Quadrophenia. A canción acadou o número 76 na lista Billboard Hot 100 e o 54 na Cash Box.

"Love, Reign o'er Me", xunto con "Is It in My Head?" que tamén está en Quadrophenia, remóntanse ao ano 1972. Ámbalas dúas inicialmente compuxéronse para que formasen parte do álbum autobiográfico non editado Rock Is Dead—Long Live Rock!, e posteriormente converteuse en Quadrophenia.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Pete Townshend.

7" (EEUU)
  1. "Love, Reign o'er Me" - 3:07
  2. "Water" - 6:25
7" (Bélxica e os Países Baixos)
  1. "Love, Reign o'er Me" - 3:07
  2. "Is It in My Head?" - 3:46

Versión de Pearl Jam

[editar | editar a fonte]

A banda estadounidense de rock alternativo editou unha versión de "Love, Reign o'er Me" para a película do ano 2007 Reign Over Me, que toma o seu nome do tema de The Who. A canción de Pearl Jam pode escoitarse nos créditos finais do filme. O sinxelo do tema sería aparecería como descarga dixital o 23 de febreiro do 2007.