Lisa Bonet
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Lisa Michelle Boney 16 de novembro de 1967 San Francisco, Estados Unidos de América |
| Grupo étnico | Estadounidense |
| Educación | Birmingham High School (en) |
| Altura | 157 cm |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, actriz de cinema, actriz de dobraxe, actriz de televisión, directora de cine |
| Período de actividade | 1982 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Jason Momoa (2017–2024), divorcio Lenny Kravitz |
| Fillos | Zoë Kravitz ( Lola Momoa ( Nakoa-Wolf Momoa ( |
| Pais | Allen Bonet |
| Irmáns | Kolin Bonet Kaemon Bonet Kadhja Bonet Anjanine Bonet |
Lisa Michelle Bonet, nada o 16 de novembro de 1967 en San Francisco, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bonet, de ascendencia afroamericana e xudía, é sobre todo coñecida polo personaxe de Denise Huxtable da comedia de situación emitida pola NBC The Cosby Show (1984-1990), e a súa serie derivada A Different World (1987-1988) [1]. En 1987 protagonizou Angel Heart de Alan Parker, nas que se tiveron que eliminar algunhas escenas de sexo explícito para que o filme non fose clasificado X, aínda que posteriormente fíxose a estrea da versión completa xa como filme X. A partir de 1993 realizou algunhas interpretacións en filmes que saíron directamente en vídeo. En 1998 participou en Enemy of the State con Will Smith e no 2000 en High Fidelity de Stephen Frears.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bonet's in `A Different World'". Houston Chronicle. Consultado o 2010-10-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lisa Bonet |