Saltar ao contido

Lingua cantonesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua cantonesa
粵語 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Propiedades
 Número de falantes
72893210 (2007) Editar o valor en Wikidata
 Dialecto de
Clasificación lingüística
Xeografía
Wikidata C:Commons

A lingua cantonesa[1] ou yuè (en chinés tradicional: 粤語; en chinés simplificado: 粵语; en pinyin: yuèyǔ; en jyutping: Jyut6jyu5) é un dos principais dialectos do chinés.

O nome yuè corresponde ao nome dun reino antigo situado na actual provincia de Guangdong. Por iso, o carácter 粵 utilízase hoxe en día como abreviatura do nome desta provincia.

Aínda que os chineses prefiren falar de dialectos (方言, fāngyán) ao referirse ás variedades do chinés falado, a intelixibilidade mutua entre estes é practicamente nula polo que moitos lingüistas consideran o chinés unha familia de linguas, e non unha lingua única.

O cantonés é o terceiro dialecto (dialecto neste sentido amplo) máis falado do chinés despois do mandarín e da wu. Ten ao redor de 70 millóns de falantes, principalmente na provincia de Guangdong e nas rexións administrativas especiais de Hong Kong e Macau. As primeiras comunidades chinesas que se estabeleceron en países como Perú, Estados Unidos, Australia ou o Reino Unido procedían desta zona do sur da China. Isto fixo que o cantonés fóra durante moito tempo o idioma principal nos chinatowns das grandes cidades destes países.

O cantonés é un dialecto chinés bastante conservador, máis próximo ás formas antigas da lingua do que outros dialectos. Isto reflíctese, por exemplo, no feito curioso de que a poesía antiga chinesa, cuxa pronunciación orixinal descoñecemos, rima mellor lida en cantonés do que en mandarín.

Dos diferentes dialectos chineses, o cantonés é o único, á parte do mandarín, que ten unha forma escrita. Esta utiliza algúns caracteres chineses que non existen en mandarín, e reutiliza outros con significados diferentes. O cantonés escrito utilízase, no entanto, só en situacións informais, como cartas entre amigos, foros de Internet ou nalgunhas formas de literatura popular. En situacións formais o chinés escrito segue as normas do mandarín estándar.

En Hong Kong e Macau o cantonés falado utilízase tamén en situacións formais como discursos políticos, e en emisoras de radio e televisión. Nestes casos, a lingua utilizada non é auténtico cantonés, senón mandarín cunha lectura cantonesa dos caracteres.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cantonés.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]