Saltar ao contido

Intel Corporation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Intel Corporation
 Instancia de
 Forma xurídica
Persoas e organizacións
 Propietario/a
 Director/a executivo/a
Pat Gelsinger (pt) Traducir 15 de febreiro de 2021 - 1 de decembro de 2024
Bob Swan (pt) Traducir 21 de xuño de 2018 - 15 de febreiro de 2021
Brian Krzanich 16 de maio de 2013 - 21 de xuño de 2018
Paul Otellini (en) Traducir 18 de maio de 2005 - 2 de maio de 2013
Craig Barrett (pt) Traducir 1998 - 2005
Andrew Grove 1987 - 1998
Gordon E. Moore 1975 - 1987
Robert Noyce 1968 - 1975
Michelle Johnston Holthaus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
121100 (2021)
110600 (2020)
110800 (2019)
106000 (31 de decembro de 2016)
107300 (2014) Editar o valor en Wikidata
 En sociedade con
 Ten en propiendade
Actividade
 Industria
Economía
 Bolsa de valores
 Ingresos totais
63054000000 $ (2022)
79024000000 $ (2021)
77867000000 $ (2020)
71965000000 $ (2019)
70848000000 $ (2018)
62761000000 $ (2017)
59400000000 $ (2016)
55355000000 $ (2015)
55870000000 $ (2014)
52708000000 $ (2013)
53341000000 $ (2012)
53999000000 $ (2011)
43623000000 $ (2010)
35127000000 $ (2009)
37586000000 $ (2008)
38334000000 $ (2007) Editar o valor en Wikidata
 Beneficio neto
8014000000 $ (2022)
19868000000 $ (2021)
20899000000 $ (2020)
21048000000 $ (2019)
21053000000 $ (2018)
9601000000 $ (2017)
10316000000 $ (2016)
11420000000 $ (2015)
11704000000 $ (2014)
9620000000 $ (2013)
11005000000 $ (2012)
12942000000 $ (2011)
11464000000 $ (2010)
4369000000 $ (2009)
5292000000 $ (2008)
6976000000 $ (2007) Editar o valor en Wikidata
 Activos totais
168406000000 $ (2021)
153091000000 $ (2020)
136524000000 $ (2019)
113327000000 $ (31 de decembro de 2016)
103065000000 $ (26 de decembro de 2015) Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Fundación
18 de xullo de 1968 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Redes
Facebook: Intel Twitter: intel Instagram: intel LinkedIn: intel-corporation Youtube: UCk7SjrXVXAj8m8BLgzh6dGA TikTok: intel Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Intel Corporation é unha empresa multinacional fundada por Gordon E. Moore e Robert Noyce en 1968, que fabrica microprocesadores, circuítos integrados especializados tales coma circuítos integrados auxiliares para placas base de ordenador e outros dispositivos electrónicos.

Intel foi fundada por Gordon E. Moore e Robert Noyce en 1968, quen inicialmente quixeron chamar á empresa Moore Noyce, pero soaba mal, polo que elixiron como nomee as siglas de Integrated Electronics, en español Electrónica Integrada. Este nome estaba rexistrado por unha cadea hoteleira, polo que tiveron que mercar os dereitos para poder empregalo.

A compañía comezou fabricando memorias antes de dar o salto aos microprocesadores. O primeiro microprocesador de Intel, o Intel 4004, foi creado en 1971 para facilitar o deseño dunha calculadora. No canto de ter que deseñar varios circuítos integrados para cada parte da calculadora, deseñaron un que segundo un programa almacenado na memoria podía facer unhas accións ou outras, é dicir, un microprocesador. Hoxe en día discútese se o primeiro microprocesador da historia da informática foi creado por Intel ou por Texas Instruments.

Durante os anos 90, Intel foi responsable de moitas das innovacións do hardware dos ordenadores persoais, incluíndo os buses PCI, AGP e USB, ademais do novo PCI-Express. Con todo, non hai que esquecer moitos outros lanzamentos, intentos de estandarización errados, que a empresa ten ás súas costas (véxase RDRAM, ou o Slot 1 dos seus Pentium III).

Intel domina o mercado dos microprocesadores. Actualmente, o principal competidor de Intel no mercado é Advanced Micro Devices (AMD), empresa coa que Intel tivo acordos de compartición de tecnoloxía: cada socio podía utilizar as innovacións tecnolóxicas patentadas da outra parte sen ningún custo.

Dentro dos microprocesadores de Intel podemos destacar as tecnoloxías multinúcleo implementadas nos procesadores Pentium D e Core 2 Duo, a tecnoloxía móbil Centrino desenvolvida para o mercado de ordenadores portátiles e a tecnoloxía HyperThreading integrada nos procesadores Intel Pentium 4.

O 6 de xuño de 2005 Intel chegou a un acordo con Apple Computer, polo que Intel proverá procesadores para os ordenadores Apple, realizándose entre 2006 e 2007 a transición desde os tradicionais IBM. Finalmente en xaneiro de 2006 presentáronse ao mercado as primeiras computadoras de Apple, unha portátil e outra de escritorio, con procesadores Pentium Dual Core de dobre núcleo.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]