Imperio Vijayanagara
| విజయనగర సామ్రాజ్యము • ವಿಜಯನಗರ ಸಾಮ್ರಾಜ್ಯ | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Capital | Vijayanagara Chandragiri Penukonda (pt) Vellore (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Lingua oficial | Lingua kannará | ||||
| Relixión | hinduísmo | ||||
| Xeografía | |||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | Hoysala Empire (en) | ||||
| Creación | 1336 (Gregoriano) | ||||
| Disolución | 1646 | ||||
| Sucedido por | Reino de Mysore (pt) | ||||
| Organización política | |||||
| Forma de goberno | monarquía | ||||
O Imperio Vijaianagara, Vijayanagara ou Vijayanagar (Vijayānagara Sāmrājya ou Vijayānagara Sāmrājyamu, en telugu: విజయనగర సామ్రాజ్యము), ou Reino de Bisnaga nos antigos relatos portugueses foi unha monarquía hindú no sur da India, na meseta de Deccan, nos actuais Mysore, Karnataka, Andhra Pradesh e Tamil Nadu, na ribeira dereita do Tungabhadra.[1]
O imperio tomou o nome da súa capital, Viyanagara, cuxas ruínas se atopan preto da actual Hampi, en Karnataka, hoxe declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundado en 1336 por Harihara I, o seu irmán Buca Raia I [2] e outros tres fillos de Sa ṅ gama. Durou máis de trescentos anos, até 1646, aínda que o seu poder diminuíu após unha gran derrota militar en 1565 contra unha forza unida dos sultanatos de Deccan.[3]
En 1485 rematou a dinastía Sa ṅ gama e a dinastía Saluva usurpou o poder até que foi substituída pola Tuluva (c. 1505). No reinado de K ṛ i ṣ n.ā Deva Rāya (1509-1529) as fronteiras estendéronse cara ao norte até o río Krishna. Os seus sucesores sucumbiron ante a fronte común islámica e en 1565 a cidade de Vijayanagara foi destruída na batalla de Talikota. A partir dese momento iniciou un proceso de declive político, aínda que a estrutura dinástica se mantivo durante varias décadas máis. O imperio continuo na nova capital, Penukonda, en Andhra Pradesh, até 1614.[1]
Os relatos escritos detallados dos viaxeiros portugueses Domingo Paes e Fernão Nunes nas súas Crónicas dos reis de Bisnaga, así como os de Niccolò Da Conti e a literatura local, proporcionan informacións cruciais sobre a súa historia. As escavacións arqueolóxicas en Vijaianagara revelaron o poder e a riqueza do imperio.
Galería
[editar | editar a fonte]- Bandeira cos símbolos de Viyanagara.
- Emblema asociado ao imperio.
- Restos dun baño público en Hampi.
- Estatua de Krishna Deva Raya en Hampi.
- Templo de Virupaksha, un dos principais de Hampi.
- Carro de pedra do templo de Vittala, unha das iconas de Vijayanagara.
- Vista aérea do casco histórico de Hampi.
- Templo de Krishna en Hampi.
- Acueduto do sistema hidráulico da antiga capital.
- Columnas do templo de Vittala, con decoración escultórica.
- Mandapa do templo de Hazara Rama, s.XV.
- Templo-fortaleza de Tiruchirappalli.
- Templo de Chandra Choodeswara, da tradición dravídica.
- Representación de Bala Krishna.
- Torre de vixilancia no recinto do Zenana.
- Escultura en bronce de Ganesha.
- Paisaxe das ruínas de loto de Hampi.
- Escultura en bronce de Sri Devi.
- Estatua en pedra de Vishnu.
Cultura e legado
[editar | editar a fonte]O legado do Reino de Bishnaga inclúe numerosos monumentos espallados por todo o sur da India, sendo o máis famoso o complexo de Hampi. As antigas tradicións na construción de templos do sur da India converxeron na arquitectura de Vijaianagara. A mestura de todas as relixións e linguas vernáculas inspirou a innovación arquitectónica nos templos hindús, primeiro nas linguas de Deccan e máis tarde nas linguas dravídicas, utilizando granito local. Os edificios reais seculares mostran a influencia da arquitectura dos sultanatos de Deccan ao norte.
Unha administración eficiente e un comercio marítimo vigoroso introduciron novas tecnoloxías, como os sistemas avanzados de transporte de auga para o rego. O mecenado permitiu que a arte e a literatura alcanzasen novas cotas nas linguas kannada, telugu, támil e sánscrito, mentres que a música carnática evolucionou até a súa forma actual. O Imperio Vijaianagara creou unha era na historia do sur da India que transcendeu o rexionalismo, promovendo o hinduísmo como factor unificador.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Enciclopedia Galega Universal (ed.). "Vijayanagara ou Vijayanagar". Consultado o 20 de abril de 2026.
- ↑ Segundo outras transcricións, Bukka Raya I.
- ↑ Encyclopaedia Britannica (ed.). "Vijayanagar" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Imperio Vijayanagara |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vida de D. João de Castro, quarto vice-rei da Índia (1798), de Jacinto Freire de Andrade, con 497 páxinas, citada na páxina 101.
- A liberdade da terra e a economia rural da Índia Portuguesa (1862), de Francisco Luis Gomes, com 102 páxinas, citada na páxina 44
- História geral de Portugal, e suas conquistas, de Damião Antonio de Lemos Faria e Castro de 1800, citada na páxina 318.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Edición electrónica de A Forgotten Empire (Vijayanagar): A Contribution to the History of India by Nunes et al., de acceso libre no Proxecto Gutenberg
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
