Halle
| Halle (Saale) (de) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Saxonia-Anhalt - Sachsen-Anhalt | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 242.172 (2023) | ||||
| Lingua oficial | lingua alemá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 135,03 km² | ||||
| Bañado por | Saale e Weisse Elster (en) | ||||
| Altitude | 87 m-110 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Alexander Vogt (en) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 06108–06132 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 0345 | ||||
| Código NUTS | DEE02 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 150020000000 | ||||
| Número de municipio alemán | 15002000 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | halle.de | ||||


Halle é a cidade máis grande do Bundesland (estado federal) de Saxonia-Anhalt e a quinta máis grande de Alemaña oriental. Halle atópase no sur do estado federal nas ourelas do río Saale. A cidade é o centro cultural do estado federal e o centro económico de Saxonia-Anhalt do sur.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome de Halle deriva do alemán antigo e quere dicir "sal". As fontes de auga salgada de Halle son produto dunha situación xeolóxica especial, a chamada falla da praza do mercado de Halle foi empregada en tempos remotos, como o demostran as novas escavacións arqueolóxicas feitas na área da praza do mercado, que corroboran a importancia do sal para a cidade. O sal era a principal actividade comercial da cidade, como en moitas cidades na Idade Media. Actualmente o sal non representa un comercio importante, mais como proba da súa importancia no pasado, fundouse un museo no chamado Saline xunto o río Saale.
August Hermann Francke tivo unha grande influencia e fundou un orfanato no que albergou a máis de 1000 nenos. É coñecido como o fundador do pietismo. Hoxe a área do orfanato é unha cidade escolar onde se atopan diferentes tipos de escolas, institutos e bibliotecas da Universidade, unha biblioteca histórica, unha gardaría de nenos, un museo, unha librería e a Fundación da Cultura da República Federal de Alemaña.
En Halle viviu durante pouco tempo Martiño Lutero; na rúa "Rannische Straße" colocouse unha placa conmemorativa na fachada da casa. A cidade é tamén coñecida por ser a cidade de orixe do baixista da banda Tokio Hotel, Georg Listing.
Na Halle sufriu moitos danos na súa periferia, debido a que no sur da cidade se atopaban as fábricas químicas (Leuna). O centro da cidade case non foi bombardeado e hoxe en día presume de ter o conxunto de edificios catalogados de Alemaña.
Entre 1949 e 1990, Halle formou parte da República Democrática Alemá (RDA).
Economía
[editar | editar a fonte]Esta cidade tiña no ano 2012 unha taxa de desemprego do 10,3%.[1] A metalurxia é un sector clave na localidade, como tamén o é a Universidade (Universidade Martiño Lutero de Halle-Wittenberg), que en 2011 tiña 20.872 estudantes.[2]
Cultura
[editar | editar a fonte]O famoso compositor de música clásica Georg Friedrich Händel naceu e viviu ata os 18 anos en Halle.[3] Actualmente pódese visitar a súa casa, convertida en museo.
Relixión
[editar | editar a fonte]A maior parte da poboación de Halle non profesa relixión ningunha. A igrexa evanxélica e a católica teñen presenza formal e histórica. O colexio cristián máis famoso é o Elisabeth-Gymnasium.
Os franciscanos en Halle levan a cabo a tarefa da logoterapia, unha nova terapia desenvolta a finais da segunda guerra mundial, principalmente por superviventes dos campos de concentración.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]| Cidades irmandadas | ||||
|---|---|---|---|---|
| Oulu | 1972 | |||
| Linz | 1975 | |||
| Coímbra | 1976 | |||
| Grenoble | 1976 | |||
| Karlsruhe | 1987 | |||
| Hildesheim | 1990 | |||
| Ufa | 1997 | |||
| Jiaxing | 2009 | |||
| Savannah | 2011 | |||
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Igrexias dos século XIV e século XVI. Igrexa na Praza do mercado Marktkirche, a catedral, a igrexa de San Mauricio Moritzkirche
- Museos e casa natal de Haendel[4]
- Castelo de Moritzburg[5]
- A fábrica de chocolate máis antiga de Alemaña: Halloren. A especialidade da chocolatería Halloren é o chamado "Halloren Kugel", que é un chocolate recheo de mousse de diferentes sabores.
- Museo da fábrica de sal Saline.[6]
- Praza do Mercado (Marktplatz).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arbeitslosenquote der 15- bis unter 25-Jährigen bezogen auf alle zivilen Erwerbspersonen" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 09 de novembro de 2013.
- ↑ "Halle - Datos y hechos" (en español). 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2008. Consultado o 11 de novembro de 2012.
- ↑ "Retrato de la ciudad de Halle". Deutsche Welle 14.03.2003 (en español). 2003. Arquivado dende o orixinal o 24/11/2007. Consultado o 07/12/2007.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de novembro de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2012.
- ↑
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Halle |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial Arquivado 18 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
