Saltar ao contido

Felis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Felis
Felis
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Tipo taxonómico
DominioEukaryota
ReinoAnimalia
FiloChordata
SubfiloVertebrata
ClaseMammalia
SubclaseTheria
InfraclasePlacentalia
OrdeCarnivora
SubordeFeliformia
FamiliaFelidae
SubfamiliaFelinae
TriboFelini
XéneroFelis
Datas
 Data de comezo
hai 6.200.000 anos Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/01kgj7 Editar o valor en Wikidata
MeSHD045991 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776347271 Editar o valor en Wikidata
ITIS180586 Editar o valor en Wikidata
OTT563165 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Felis é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, e tribo dos felininos.[1]

Son gatos de pequeno a mediano tamaño propios da maior parte de África, ao sur dos 60° de latitude, e de Europa e Asia en Indochina. O xénero inclúe o gato doméstico. A especie de Felis máis pequena é o gato de patas negras, cunha lonxitude de cabeza e tronco de 38 a 42 cm. O maior é o gato da xungla, cunha lonxitude de cabeza e tronco de 62 a 76 cm.[2]

Xeneralidades

[editar | editar a fonte]

Trátase de gatos de pequeno ou mediano tamaño, con longas colas, adaptados á caza de pequenos animais, como roedores, pequenas aves e lagartos, dependendo das zonas onde viven, que son propios da maior parte de África e, ao sur dos 60° de latitude, de Europa e Asia até Indochina.[2]

Tradicionalmente o xénero incluía a todas as especies dos felinos viventes, pero na actualidade restrínxese a cinco especies (ou sete, suguno os autores), entre as que se inclúe o gato montés (Felis silvestris), que habita gran parte de Eurasia e África. O coñecido como gato doméstico (Felis silvestris catus) é unha subespecie desta última. A introdución polo home deste gato fixo que sexa común nas paisaxes urbanas de todo o mundo.

A especie máis pequena do xénero Felis é o gato de patas negras (Felis nogripes), que mide de 38 a 42 cm de lonxitude de cabeza e tronco, e a máis grande é o gato da xungla (Felis chaus), cunha lonxitude de cabeza e tronco de 62 a 76 cm.[2]

As especies de Felis viven nunha ampla gama de hábitats diferentes, desde pantanos até desertos.

Estudos xenéticos recentes indican que dúas especies até hai pocuco incluídas no xénero Felis, Otocolobus e Prionailurus, diverxeron do seu antepasado eurasiático hai ao redor de 6,2 millóns de anos, e que o xénero Felis separouse hai de 3,04 a 0,99 millóns de anos.[3][4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero Felis fois descrito en 1758 por Linnaeus, no volome 1, páxina 41, da 10ª edición do seu Systema Naturae.[1][5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico do xénero, Felis, tomouno Linneo do latín fēlis, -is, 'gato'.[6]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome linneano, e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[1]

  • Avitofelis Kretzoi, 1930
  • Catolynx Severtzov, 1858
  • Catus Frisch, 1775
  • Chaus Gray, 1843
  • Eremaelurus Ognev, 1927
  • Mamfelisus Herrera, 1899
  • Microfelis Roberts, 1926
  • Otailurus Severtzov, 1858
  • Otocolobus Brandt, 1842
  • Poliailurus Lönnberg, 1925
  • Trichaelurus Satunin, 1905

Na actualidade a maioría dos autores recoñen as seguintes sete especies no xénero:[1][5]

Porén, a UICN consideres a Felis catus como unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris catus).[7]

Por outra parte, investigacións recentes demostraron que Felis manul, estreitamente relacionado cos xéneros Felis e Prionailurus, debía reclasificarse no abandonado antigo xénero Otocolobus, como Otocolobus manul.[8]

A discutida taxonomía de Felis sivestris

[editar | editar a fonte]

A taxonomía desta especie aínda é moi discutida. Por exemplo, segundo os autores, o gato doméstico e o gato de Biet poden ser subespecies de Felis silvestris ou seren espceis separadas.

A especie Felis silvestris iuncluso pode comprender até vinte subespecies,[1][9] mentres que outros autores non recoñencen máis que dúas sobespecie salvaxes (Felis silvestris silvestris e Felis silvestris lybica).[10]

Porén, un estudo publicado en 2007 postula a reagrupación destas múltiplas divisións en seis subespeces ben diferenciadas.[11]

Felis

Gato da xungla (F. chaus)

Gato de patas negras (F. nigripes)

Gato montés eurasiático (F. silvestris silvestris)

Gato das areas (F. margarita)

Gato montés africano (F. silvestris lybica)

Gato doméstico (F. silvestris catus)

Filoxenia: A liñaxe Felis, segundo Mattern e McLennan (2000).[12]

Na actualidade, son recoñecidas por diversas orgnizacións científicas, tales como a UICN ou o NCBI, as seguintes subespecies:

Porén, o status de certas subespecies aínda está a debate, particularmente para Felis silvestris bieti, para a que se deben realizar estudos adicionais (especialmente estudos xenéticos). Felis silvestris lybica tamén se considera por moitos monofilética con Felis silvestris catus. Esta última, o gato doméstico, así mesmo adoita ser marxinada, quizais porque non é unha subespecie natural, pero deben terse en conta os fenómenos de hibridación, introgresión e contaminación xenética para o progreso da xenómica destas especies.

Linneo consideraba que Felis comprendía todas as especies de gatos. Taxónomos posteriores dividiron a familia dos félidos en diferentes xéneros. En 1917 o zoólogo briánico Reginald Innes Pocock revisou o xénero Felis que, segundo este autor, comprende unicamente:[2]

ImaxeNomeDistribución
Gato doméstico F. silvestris catus (Linnaeus, 1758)Todo o mundo (domesticado)
Gato da xungla F. chaus (Güldenstädt, 1776)[13][14]Exipto, Oriente Medio, Subcontinete Indio, Asia Central e Sueste Asiático, Sri Lanka e sur da China
Gato montés F. silvestris (Schreber, 1777) Europa
Gato montés africano F. silvestris lybica (Forster, 1780)África, Asia Central até a India, oeste da China e Mongolia
Gato de patas negras F. nigripes (Burchell, 1824)Suráfrica, Namibia, marginalmente en Zimbabue
Gato das areas F. margarita (Loche, 1858)Norte de África e Asia central e suroccidental
Gato montés chinés F. bieti (Milne-Edwards, 1892)Meseta tibetana
  1. 1 2 3 4 5 Felis Linnaeus, 1758 en MSW.
  2. 1 2 3 4 Pocock, R. I. (1951). Catalogue of the genus Felis. Londres: British Museum (Natural History).
  3. Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E.; O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757): 73–77.
  4. Pecon-Slattery, J.; O'Brien, S. J. (1998). "Patterns of Y and X chromosome DNA sequence divergence during the Felidae radiation". Genetics 148 (3): 1245–1255.
  5. 1 2 Felis Linnaeus, 1758 no ITIS.
  6. Valpy, F. E. J. (1828). "Felis". An Etymological Dictionary of the Latin Language. Londres: A. J. Valpy.
  7. Sanderson, J.; Mallon, D.P.; Driscoll, C.; Breitenmoser, U. & Breitenmoser-Wursten, C. (2008): Felis silvestris ssp. catus Arquivado 24 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. na Lista vermella da UICN. Versión do 2010.4
  8. Johnson, W., Eizirik, E., Pecon-Slattery, J., Murphy, W. J., Antunes, A., Teeling, E., O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757): 73–77. PMID 16400146.
  9. Driscoll, Carlos A. et al. (2007): "The Near Eastern Origin of Cat Domestication", Science, vol. 317,‎ pp. 519-523.
  10. Jean Etienne, "Le chat domestique à l'origine de la civilisation ?, páx. 3, 28/12/2007, en futura sciences.
  11. Carlos A. Driscoll et al. "The Near Eastern Origin of Cat Domestication", Science Resume.
  12. Mattern, M.Y.; McLennan, D.A. (2000). "Phylogeny and speciation of felids". Cladistics 16 (2): 232–53. doi:10.1111/j.1096-0031.2000.tb00354.x.
  13. Güldenstädt, J. A. (1776): "Chaus – Animal feli adfine descriptum". Novi Commentarii Academiae Scientiarum Imperialis Petropolitanae, Vol 20: 483–500.
  14. Sanderson, J. (2009): "A Matter of Very Little Moment? The mystery of who first described the jungle cat". Feline Conservation Federation Volume 53, Issue 1 (January/February 2009): 12–18.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]