Duluth, Xeorxia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Estados Unidos de América | ||||
| Estado federado | Xeorxia | ||||
| Condado | Condado de Gwinnett | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 31.873 (2020) | ||||
| Número de fogares | 11.195 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 26,652344 km² | ||||
| Auga | 1,5475 % (1 de abril de 2010) | ||||
| Altitude | 334 m | ||||
| Creación | 1821 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Greg Whitlock (2024–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 30026, 30029, 30095, 30096, 30097, 30098 e 30099 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | duluthga.net | ||||
Duluth é unha vila localizada no condado de Gwinnett no estado estadounidense de Xeorxia. No ano 2010 contaba con 26.600 habitantes[1].
Segundo a revista Forbes Duluth é unha das 26 mellores cidades dos Estados Unidos á que mudarse.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O mercador de algodón Evan Howell fundou o asentamento ao que chamarou Howell's Crossing tras a construción dunha estrada para o transporte de algodón. Máis tarde cando o Congreso decide crear a liña de ferrocarril que unía a vila con Duluth, Minnesota, que toma o nome do capitán francés Daniel Greysolon, Sieur du Lhut (1636–1710), explorador da zona centro-occidental dos Estados Unidos, a vila recibe o nome de Duluth.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Evolución da poboación | |||
|---|---|---|---|
| Censo | Pob. | %± | |
| 1960 | 1.483 | ||
| 1970 | 1.810 | 22,0% | |
| 1980 | 2.956 | 63,3% | |
| 1990 | 9.029 | 205,4% | |
| 2000 | 22.122 | 145,0% | |
| 2010 | 26.600 | 20,2% | |
Segundo o censo de 2010 a composición racial da vila é un 41,5% brancos, 19,5% afroamericanos, 22,2% asiáticos, 14% hispanos e un 2,8% de dúas ou máis razas.[3]
O salario medio dunha familia é de $69,437 e a diferenza de salario media entre homes e mulleres é de $46,683 fronte a $34,334.
A renda per cápita de Duluth é de $29,185. Un 3% das familias e un 4,4% da poboación vive baixo o límite da pobreza.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Duluth está situada na área metropolitana de Atlanta, aproximadamente a 32 km do distrito financierio de Atlanta. A vila está situada na parte occidental do condado de Gwinnett, limita ao norte co río Chattahoochee e ao nordeste co río Suwanee.[4]
Empresas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2013.
- ↑ http://www.forbes.com/2009/07/07/relocate-relocation-cities-lifestyle-real-estate-affordable-moving.html
- ↑ Segundo a distinción feita no Censo dos Estados Unidos
- ↑ http://www.duluthga.net/dt/planning/pdf/location_map_Duluth_GA.pdf%5BLigazón+morta%5D
- ↑ "Contact NCR Arquivado 10 de decembro de 2009 en Wayback Machine.." NCR Corporation. Retrieved on July 6, 2011. "NCR WORLD HEADQUARTERS 3097 Satellite Boulevard Duluth, Ga. 30096-5810 USA"
- ↑ "Duluth city, Georgia Arquivado 28 de decembro de 2011 en Wayback Machine.." U.S. Census Bureau. Retrieved on July 6, 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Duluth, Xeorxia |
