Curtis Mayfield
(1972) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Curtis Lee Mayfield 3 de xuño de 1942 Chicago, Estados Unidos de América |
| Morte | 26 de decembro de 1999 Roswell, Estados Unidos de América |
| Causa da morte | diabetes mellitus |
| Grupo étnico | Afroamericano |
| Educación | Wells Community Academy High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | guitarrista, cantautor, compositor, produtor musical, pianista, cantante, cantautor, saxofonista |
| Período de actividade | 1956 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Soul e funk |
| Tesitura | Contratenor |
| Instrumento | Baixo, guitarra e voz |
| Selo discográfico | Charly Records Curtom Records (en) |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians |
| Sitio web | CurtisMayfield.com |
Curtis Lee Mayfield, nado en Chicago (Illinois) o 3 de xuño de 1942 e finado en Roswell (Xeorxia) o 26 de decembro de 1999, foi un compositor, cantante e produtor de soul, R&B e funk estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É coñecido polos seus himnos con The Impressions durante o Movemento polos Dereitos Civís dos anos 60, e por compoñer a banda sonora do filme blaxploitation Super Fly. Mayfield está considerado un dos pioneiros do funk e da conciencia política na música afroamericana. Tamén foi un multi-instrumentista que tocou a guitarra, baixo, piano, saxofón e batería. Mayfield gañou os premios Grammy Legend Award (en 1994) e Grammy Lifetime Achievement Award (en 1995), e foi introducido dúas veces no The Rock and Roll Hall of Fame, unha como membro de The Impressions en 1991 e outra como artista en solitario en 1999. Tamén entrou dúas veces no Grammy Hall of Fame.