Conakry
| Conakry (fr) ߞߐߣߊߞߙߌ߫ (nqo) Kɔnakiri (sus) 𞤑𞤮𞤲𞤢𞥄𞤳𞤭𞤪𞤭 (ff) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Guinea | ||||
| Rexión | Conacri (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.667.864 (2014) | ||||
| Lingua usada | lingua francesa Guinean Sign Language (en) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 450 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Altitude | 13 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | M'Mahawa Sylla (2021–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 001 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 3041, 3043, 3045 e 3047 | ||||
| ISO 3166-2 | GN-C | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
Conakry, ás veces transcrito como Conacri,[1] é a capital e a cidade máis importante de Guinea. Situada na illa de Tombo, na costa do océano Atlántico, é o maior núcleo urbano de Guinea e o centro administrativo, económico e de comunicacións. A súa poboación, en 2005, era de 1 871 185 habitantes.
A economía da cidade desenvólvese, especialmente, arredor do seu porto, que está dotado de modernas instalacións para o tráfico de mercadorías e a almacenaxe, e polo cal se exportan aluminio e bananas. Ten crecente importancia a industria alimentaria e a do automóbil.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Inicialmente Conakry naceu na pequena illa de Tombo, no sur da costa atlántica do país, pero o seu crecemento fixo que a cidade se estendese pola península de Kaloum, unha estreita lingua duns 36 km de lonxitude e unha anchura que oscila entre 0,2 e 0,6 km, e mesmo acabase por ocupar terras no continente. En Tombo radica a cidade vella, pero o centro da cidade está na actualidade na península.
O clima da cidade é tropical, cunha estación chuviosa e outra seca.
Breve historia
[editar | editar a fonte]Conakry foi creada oficialmente en 1887, cando os colonizadores franceses reuniron a aglomeración de catro aldeas: Conakry, Boulbinet, Krutown e Tombo. Conakry converteuse en capital da colonia das «Rivières du Sud» (Ríos do Sur) en 1889, que mudou o seu nome como a Guinea Francesa (Guinée-Française) en 1891.
A apertura dun ferrocarril (actualmente clausurado), que a unía con Kankan, no interior do país, favoreceu a exportación das colleitas de cacahuetes, fomentando o crecemento da cidade. Con todo a súa poboación era só de arredor de 50.000 habitantes en 1958. O boom ocorreu logo da independencia, de xeito que en 1968 superaba xa ben os 500.000 moradores. A expansión posterior, até os cerca de 2 000 000 de habitantes en 2008, fixo que a cidade desbordase os seus límites insulares e se espallase pola próxima península de Kaloum.
Centros universitarios
[editar | editar a fonte]Desde 1963 a cidade conta coa Universidade Gamal Abdel Nasser de tipo público. En 1999 foi creada a Universidade Kofi Annan, de carácter privado.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Imaxe desde satélite
- Vista parcial da cidade
- Rúa de Conakry
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guineano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conakry |
