Castelo Branco
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Portugal | ||||
| Distritos | Distrito de Castelo Branco | ||||
| Capital | Castelo Branco | ||||
| Contén a división administrativa | Alcains Almaceda Benquerenças Castelo Branco Cebolais de Cima e Retaxo Escalos de Baixo e Mata (pt) Escalos de Cima e Lousa (pt) Freguesia de Malpica do Tejo Freguesia de Monforte da Beira Freguesia de Santo André das Tojeiras Freixial e Juncal do Campo Lardosa (pt) Louriçal do Campo Ninho do Açor e Sobral do Campo (pt) Póvoa de Rio de Moinhos e Cafede Salgueiro do Campo Sarzedas São Vicente da Beira Tinalhas | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 56.109 (2011) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.438,19 km² | ||||
| Altitude | 319 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1213 (Gregoriano) | ||||
| Organización política | |||||
| Membro de | Rede de cidades creativas (2023–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 6000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | cm-castelobranco.pt | ||||
Castelo Branco é unha cidade de Portugal, situada no centro interior do país, a unha distancia aproximada de 260 km ao nordeste de Lisboa. O concello sumaba 55.809 habitantes en 2001. O casco urbano propio achegábase aos 31.000 habitantes
Administración
[editar | editar a fonte]Castelo Branco é un dos municipios maiores de Portugal, cunha superficie de 1.439,94 km², subdividido en 25 freguesías administrativas. Limita polo norte co concello do Fundão, polo leste con Idanha-a-Nova, polo sur con España, polo suroeste con Vila Velha de Ródão e polo oeste con Proença-a-Nova e máis con Oleiros.
Forma parte da rexión Centro e da subrexión da Beira Interior Sur. É a capital do distrito de Castelo Branco, que contaba con 208.069 habitantes en 2001.
O distrito de Castelo Branco corresponde aproximadamente á antiga provincia da Beira Baixa.
Subdivisións administrativas
[editar | editar a fonte]As freguesías de Castelo Branco son as seguintes:
Historia
[editar | editar a fonte]En 1213 recibiu carta foral de Pedro Alvito, cedida polos templarios, na que aparece a denominación Castel-Branco. Dous anos despois, o papa Inocencio III confirmouna, dándolle o nome de Castelobranco.
O mesmos templarios mandaron erguer as murallas e o castelo, entre 1214 e 1230. No interior dese recinto encóntrase a igrexa de Santa Maria do Castelo, antiga sede da freguesía. Aquí se reunían en asemblea dos homens-bos e as autoridades monástico-militares, até o século XIV.
No 1510 foille concedida nova carta foral a Castelo Branco, polo rei Manuel I.
En 1771 é elevada á categoría de cidade polo rei Xosé I, á par que o papa Clemente XIV crea a diocese de Castelo Branco que viría a ser extinta en 1881.
O Pazo Episcopal (anexo ao actual Museo Francisco Tavares Proença Júnior) é unha das mellores mostras do pulo da cidade na Idade Moderna. Mandado construír polo bispo da Guarda, Nuno de Noronha, entre 1596 e 1598, pasaría a ser logo a residencia dos bispos de Castelo Branco.
A cidade viría a tornarse capital do distrito aínda en 1959.
Economía
[editar | editar a fonte]A cidade ten sona en Portugal pola súa artesanía de colchas. En canto a industrias modernas é sede da compañía Centauro, que fabrica refixeradores, e da multinacional láctea Danone.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O xardín do Pazo Episcopal (1725), o castelo dos templarios e o Museo Francisco Tavares Proença Júnior, localizado no antigo Pazo Episcopal, rico en pezas arqueolóxicas, tapizarías, numismática e pintura quiñentista portuguesa.
Eventos
[editar | editar a fonte]- Do 6 de xaneiro ao 30 de agosto - a Feira Franca
- Do 4 de outubro ao 18 de decembro - a Feira do Gado Suíno
Quince días despois do Domingo de Pascua festéxase a Feira da Señora de Mércules. Parte da tradición é tamén a Procesión dos Pasos.
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Castelo Branco |
