Carlos III da Provenza
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1446 valor descoñecido |
| Morte | 10 de decembro de 1481 Marsella, Francia |
| Duque de Anjou | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | feudatario |
| Outro | |
| Título | Count of Provence and Forcalquier (en) Duque de Anjou (1480–1481) Count of Guise (en) Conde de Maine (1472–1481) |
| Familia | Casa de Valois-Anjou (pt) |
| Cónxuxe | Jeanne of Lorraine (1474 (Gregoriano)–) |
| Pais | Carlos, Conde de Maine |
| Irmáns | Jean Louis Marin of Anjou Louise of Anjou |
Carlos III da Provenza e IV ou V de Anjou, nado en 1436 e finado en Marsella en 1481, foi conde de Guisa, Maine e Mortain (1472 - 1481) e duque de Anjou e conde da Provenza (1480 - 1481).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Carlos de Anjou e Isabel de Luxemburgo, e polo tanto neto de Lois II de Anjou, conde da Provenza e rei de Nápoles, e de Iolanda de Aragón. Á morte do seu pai en 1472, herdou os títulos adxacentes ao título principal de Conde-Duque de Anjou. Na numeración do ducado de Anjou a miúdo preséntase como Carlos V fronre ao correcto Carlos IV. En 1480, á morte do seu tío, Renato I, sucedeuno como quinto duque de Anjou, así como conde da Provenza. A sucesión recaeu en Carlos, xa que naquel ano Renato de Anjou só tiña unha filla sobrevivente, Iolanda, que xa recibira o condado de Bar e o Ducado de Lorena. En 1474 casou con Xoana de Lorena, filla de Iolanda de Anjou e, polo tanto, neta de Renato. Non houbo descendencia deste matrimonio. Á súa morte, o condado da Provenza, así como o título de duque de Anjou, pasaron ao seu curmán o rei de Francia Lois XI e integráronse á coroa francesa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grierson, Philip; Travaini, Lucia (1998). Medieval European Coinage: Volume 14, South Italy, Sicily, Sardinia. Cambridge University Press.
- Potter, David (1995). A History of France, 1460-1560: The Emergence of a Nation State. St. Martin's Press.