Cabo Setentrional
| IPhondo yaseMntla-Koloni (xh) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suráfrica | ||||
| Capital | Kimberley | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.355.946 (2022) | ||||
| Lingua usada | Língua ǀxam (pt) Língua nǀu (pt) Língua korana (pt) Vaal–Orange (en) Língua xiri (pt) lingua xhosa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 372.889 km² | ||||
| Altitude | 1.084 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 27 de abril de 1994 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Northern Cape Executive Council (en) | ||||
| • Premier of the Northern Cape (en) | Zamani Saul (en) | ||||
| Órgano lexislativo | Northern Cape Provincial Legislature (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | ZA-NC | ||||
| Sitio web | northern-cape.gov.za | ||||
A provincia Cabo Setentrional, ou Cabo Norte, (en afrikaans: Noord-Kaap, en inglés: Northern Cape) é unha grande e escasamente poboada provincia de Suráfrica, creada en 1994 cando a provincia do Cabo se dividiu en tres.
O seu territorio ocupa unha superficie de 361 830 km², unha extensión que pode ser comparada coa de Alemaña. Nela viven 1 145 861 habitantes.
A provincia subdivídese en 5 distritos con 27 municipios, entre os que destaca a capital, Kimberley (a chamada "capital dos diamantes"), que é a única cidade da provincia que supera os 100 000 habitantes.
Inclúe o Parque Nacional Kalahari Gemsbok, que forma parte dun parque transfronteirizo con Botswana. Tamén inclúe as cataratas Augrabies e as rexións mineiras de diamantes en Kimberley e Alexander Bay. As cidades de De Aar e Colesberg (no sur) forman parte do Gran Karoo, e son os principaies nós de transporte entre Johannesburgo, Cidade do Cabo e Port Elizabeth.
O río Orange flúe a través da provincia e forma as fronteiras coa provincia do Estado Libre (no sueste do territorio) e con Namibia (ao noroeste). Este río utilízase para regar os numerosos viñedos cerca de Upington.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
