Bibi Andersson
(1961) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (sv) Berit Elisabet Andersson 11 de novembro de 1935 Estocolmo, Suecia |
| Morte | 14 de abril de 2019 Estocolmo, Suecia |
| Causa da morte | ictus |
| Lugar de sepultura | Galärvarvs Cemetery (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz de teatro, actriz de cinema |
| Período de actividade | 1951 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Per Ahlmark (1979–1981) Kjell Grede (1960–1973) |
| Irmáns | Gerd Andersson |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, Svenskt kvinnobiografiskt lexikon, lang: lingua sueca, lingua inglesa Vem är det 2007 (en) |
Bibi Andersson, cuxo nome completo era Berit Elisabeth Andersson nada en Estocolmo o 11 de novembro de 1935 e finada na mesma cidade o 14 de abril de 2019, foi unha actriz e directora sueca de cine, teatro e televisión.[1]
Participou en varias películas suecas como Amorodos salvaxes, Persona, Scener ur ett äktenskap ou O sétimo selo, dirixidas polo seu compatriota Ingmar Bergman.
Bibi Andersson faleceu aos 83 anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
En 1951, iniciou a súa carreira cinematográfica co realizador Ingmar Bergman, na produción dunha curta publicitario para un deterxente. O seu primeiro papel cinematográfico interpretouno en 1953 xunto ao actor Nils Poppe na cinta Dumbon.
Realizou estudos de actuación no Terserus teaterskola, para logo, entre 1954 e 1956, estudar no Real Teatro Dramático de Estocolmo (Dramaten), participando posteriormente como actriz no Teatro de Malmö (Malmö stadsteatern), baixo a dirección de Ingmar Bergman até 1959. Simultaneamente, participou nos fílmes Amorodos salvaxes (1956) e O sétimo selo (1957) do mesmo director, filmes que a lanzaron á fama. En 1962, incorporouse por un ano ao elenco do Teatro de Uppsala (Uppsala stadsteatern), regresando ao Real Teatro Dramático de Estocolmo ao ano seguinte. En 1966, actuou na cinta Persona e en Paixón en 1970.
Traballou tamén con outros directores de renome, como John Huston e Robert Altman (Quintet, 1979). A partir da década de 1980, dedicouse á interpretación e á dirección teatral. Apareceu na obra Long Day's Journey into Night (1988) e nos filmes Una estación de paso (1992), Il sogno della farfalla (1994), Drømpsel (1994) e Det blir aldrig som man tökt sig (1999).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morre a actriz sueca Bibi Andersson, musa de Ingmar Bergman
- ↑ Biografías y Vidas. "Bibi Andersson". Consultado o 14 de outubro de 2006.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bibi Andersson |