Saltar ao contido

Artrite reumatoide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artrite reumatoide
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá diagnoses. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
 Especialidade médica
 Síntomas
 Localización anatómica
Identificadores
MeSHD001172 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC2884 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2L88 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB11506 Editar o valor en Wikidata
CIE-11576319925 Editar o valor en Wikidata
CIE-10M06.9 Editar o valor en Wikidata
OMIM180300 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000431 Editar o valor en Wikidata
eMedicine331715 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A artrite reumatoide (AR) é unha doenza autoinmune, caracterizada polo feito de provocar inflamación crónica nas articulacións, e que produce unha destrución paseniña con diferentes graos de deformidade e incapacidade funcional. Ás veces, o seu comportamento é extraarticular, de xeito que pode causar lesións noutros lugares anatómicos fóra da articulación, como pode ser as cartilaxes, os ósos, os tendóns ou os ligamentos das articulacións. Pode afectar a diversos órganos e sistemas, como os ollos, os pulmóns, o corazón ou os vasos sanguíneos. Aproximadamente o 1% da poboación mundial está afectada pola artrite reumatoide, sobre todo as mulleres, que son 3 veces máis susceptíbeis ca os homes de padecer a doenza. A aparición adoita acontecer entre os 40 e os 50 anos de idade, malia que pode aparecer en calquera idade. A artrite reumatoide pode chegar a ser unha doenza dolorosa e altamente incapacitante. É diagnosticada fundamentalmente polos signos e síntomas clínicos, así coma certos exames de laboratorio, incluíndo o factor reumatoide (FR) e a radioloxía. Tanto o diagnóstico coma o tratamento da AR é levado por especialistas en reumatoloxía.