Anton Webern
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2025) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de-at) Anton Friedrich Wilhelm von Webern 3 de decembro de 1883 Viena, Austria |
| Morte | 15 de setembro de 1945 Mittersill, Austria |
| Causa da morte | homicidio |
| Lugar de sepultura | Mittersill 47°16′45″N 12°28′58″L / 47.279111, 12.482719 |
| Educación | Universidade de Viena |
| Actividade | |
| Ocupación | compositor de música clásica, músico, director de orquestra, compositor |
| Período de actividade | 1908 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música impresionista |
| Profesores | Arnold Schönberg |
| Alumnos | Humphrey Searle e Hans Swarowsky |
| Instrumento | Piano |
| Selo discográfico | Deutsche Grammophon Supraphon (pt) Philips Naxos |
| Familia | |
| Parentes | Benno Mattel, xenro |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Веберн Антон) UbuWeb Biblioteca dixital BEIC |
| Sitio web | antonwebern.com |
Anton Webern, nado en Viena o 3 de decembro de 1883 e finado en Mittersill o 15 de setembro de 1945, foi un compositor austríaco pertencente á chamada Segunda Escola de Viena, da que foi un dos máximos expoñentes xunto con Schönberg e Alban Berg, cos que conformou a chamada Trindade Vienesa. Como alumno e seguidor de Schönberg, Webern é un dos máximos expoñentes do dodecafonismo, ademais, as súas innovacións no que se refire á organización da altura, o ritmo e a dinámica foron decisivos no desenvolvemento do serialismo integral.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi bautizado co nome de Anton Friedrich Wilhelm von Webern. Nunca usou os seus nomes intermedios, deixando o "von" en 1918. Despois de pasar boa parte da súa mocidade en Graz e Klagenfurt, Webern ingresou na Universidade de Viena en 1902. Estudou musicoloxía con Guido Adler, e presentou unha tese sobre os Choralis Constantinus do compositor renacentista Heinrich Isaac. Este interese pola música antiga influiría moito na súa técnica compositiva anos máis tarde.
A Segunda Escola de Viena
[editar | editar a fonte]Estudou composición con Arnold Schoenberg, e ao graduarse escribiu a súa Passacaglia, Op. 1 en 1908. Coñeceu a Alban Berg, quen tamén era alumno de Schoenberg, e estas dúas amizades serían as máis importantes da súa vida ao marcar decisivamente o seu camiño musical. Despois de finalizados os seus estudos, tomou postos de dirección musical nos teatros de Ischl, Teplitz, Danzig, Stettin e Praga antes de regresar a Viena. Alí axudou a sacar adiante a Sociedade para Execucións Musicais Privadas que dirixía Schoenberg e dirixiu a Orquestra Sinfónica de Traballadores de Viena dende 1922 ata 1934.
Durante o nazismo
[editar | editar a fonte]A música de Webern foi denunciada como "bolxevismo cultural" cando o Partido Nazi triunfou en Austria en 1938. Polo tanto, tivo dificultades para traballar, e tomou un posto como editor e corretor para a editorial que publicaba a súa música, Universal Edition. Webern deixou Viena en 1945 e marchou a Mittersill, en Salzburgo, pensando estar máis seguro alí. Porén, o 15 de setembro, durante a ocupación aliada de Austria, foi ferido mortalmente polo disparo dun soldado estadounidense ebrio despois de arrestar ao seu xenro por actividades de contrabando.