O nome do álbum é un calembur entre Aladdin Sane ("Aladino cordo") e A Lad Insane ("Un tipo demente"). Esta era unha referencia ao seu irmán Terry, que fora diagnosticado de esquizofrenia.
O álbum foi descrito polo propio Bowie simplemente como "Ziggy vai a América". Varias das cancións están baseadas en observacións que fixo Bowie durante a súa viaxe polos Estados Unidos como parte do tour.
A portada do disco, unha imaxe de Bowie cun raio atravesándolle o rostro, está considerada como unha das máis icónicas do artista e unha das máis influentes na cultura popular.