Saltar ao contido

Agosto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agosto
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Representado por
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
Identificadores
Freebase/m/0ll3 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
<< Agosto >>
Lu Ma Xo Ve Do
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31
2026
Todos os días
Agosto ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do século XV.

Agosto é o oitavo mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. Foi nomeado na honra do emperador romano Octavio Augusto (Octavianus Augustus). Anteriormente o mes tiña o nome de Sextilis, pois era o sexto mes do ano romano que empezaba en marzo, mais foi renomeado por ser o mes no que morreu Cleopatra.

En Galicia recibe tamén o nome de mes da Nosa Señora, por celebrarse o día 15 o día de Santa María.

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]
  • O primeiro venres de agosto celébrase o Día Internacional da Cervexa.[1]
  • O segundo domingo de agosto celébrase o Día de Cantabria, celebracíon que naceu en 1967 como Día da Montaña.[2]
  • O terceiro sábado de agosto celébrase o Día Internacional do Animal sen Fogar.[3]
[editar | editar a fonte]

A lúa crecente de agosto é a mellor para que aproveiten os baños a un enfermo.

Santa Clara (11 de agosto) é avogosa para o bo tempo. Por iso, para asegura-lo sol no día da voda é costume levar ovos a Santa Clara. Tamén se lle pide que interceda para conseguir boas notas nos exames.

  1. "International Beer Day" (en inglés). Consultado o 2.03.2025.
  2. "Día de Cantabria" (en castelán). Consultado o 9.02.2026.
  3. "Día Internacional del Animal sin Hogar" (en castelán). Consultado o 7.03.2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]