.au
| .au | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
.au é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Australia.
O dominio está operado pola sociedade .au Domain Administration (auDA), unha organización sen ánimo de lucro composta por membros de organizacións de Internet, empresas, e outras persoas interesadas. auDA opera coa autorización do goberno australiano. Outros organismos teñen delegada a administración dalgúns subdominios como é o caso de AICTEC,[1] AGIMO[2] e CSIRO[3] cos dominios de segundo nivel .edu.au, .gov.au e .csiro.au respectivamente.
Dominios de segundo nivel
[editar | editar a fonte]Non é posible rexistrar directamente o segundo nivel pero o dominio .au presenta unha extensa lista de onde se pode escoller o subdominio. Os dominios de segundo nivel están divididos en abertos, cerrados e xeográficos.
Dominios abertos
[editar | editar a fonte]Hai sete dominios de segundo nivel abertos. Dise aberto porque só hai que cumprir unha condicións xenéricas para poder rexistrarse.
- .asn.au: asociacións.
- .com.au: organizacións comerciais.
- .net.au: organizacións comerciais.
- .id.au: cidadáns australianos ou residentes.
- .og.au: organizacións non comerciais.
- .info.au: non se aceptan novas solicitudes.
- .conf.au: non se acepten novas solicitudes.
Dominios pechados
[editar | editar a fonte]Hai tres dominios de segundo nivel pechados. Díselles pechados porque só son dispoñibles para entidades de sectores concretos.
- .edu.au: institucións educativas de nivel federal ou estatal. A administración do dominio estivo delegada ao Comité Australiano de Tecnoloxías da Información e Comunicacións na Educación (AICTEC)[1]
- .gov.au: institucións gobernamentais de nivel federal, estatal ou local. A administración do dominio estivo delegada á Oficina de Administración de Información do Goberno Australiano (AGIMO)[2]
- .csiro.au: uso exclusivo para a Organización da Investigación Científica e Industrial da Commonwealth (CSIRO)[3]
Dominios xeográficos
[editar | editar a fonte]Hai oito dominios de segundo nivel xeográficos pensados para cada estado ou territorio de Australia.
- .act.au: Territorio da Capital Australiana.
- .nsw.au: Nova Gales do Sur.
- .nt.au: Territorio do Norte.
- .qld.au: Queensland.
- .sa.au: Australia Meridional.
- .tas.au: Tasmania.
- .vic.au: Victoria.
Outros dominios territoriais
[editar | editar a fonte]O dominio .au non é o único dominio territorial de primeiro nivel de Australia. Os seguintes dominios foron asignados por razóns históricas a diversos territorios australianos:
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información no IANA do .au Arquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)