Britten, Benjamin
Compositor inglés. Discípulo de Frank Bridge, ingresou no Royal College of Music en 1930 onde foi alumno de Harold Samuel, John Ireland e Arthur Benjamin. Influído por Purcell, Mahler e Stravinski, conferiu ás súas composicións un carácter persoal e de gran creatividade. En EE UU colaborou co poeta Auden Wystan Hugh en películas, cancións, obras teatrais e na ópera Paul Bunyan (1941). De regreso a Inglaterra (1942), compuxo as pezas Rejoice in the Lamb (1943), a Serenade para tenor, trompa e corda (1943) e a ópera Peter Grimes (1945). Xunto co tenor Peter Pears creou na localidade de Suffolk o Festival de Aldeburgh (1948), compoñendo por esta época música orquestral (The Young Person’s Guide to the Orchestra, 1946) e coral (Spring Simphony, 1949). Dentro da súa produción destacan, ademais, as óperas Gloriana (1953), The Turn of the Screw (1954), Death in Venice (1973); o ballet The Prince of the Pagodas (1957) e as pezas para música coral Missa brevis (1959), Cantata Misericordium (1963), entre outras obras.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lowestoft, Suffolk -
Deceso
Lugar : Aldebourgh, Suffolk