Vane, John Robert

Vane, John Robert

Bioquímico inglés. Estudou nas universidades de Birmingham, Oxford e Yale. Descubriu que certos medicamentos antiinflamatorios inhiben a síntese das prostaglandinas. En 1982 recibiu, xunto cos suecos K. S. Bergström e B. I. Samuelsson, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, polos seus descubrimentos sobre as prostaglandinas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tardevigg, Worcester

  • Deceso

    Lugar : Farnborough, Hampshire